RAQUEL ARIAS COMPARTE COS ALUMNOS DO COLEXIO DE RIOTORTO AS ACTIVIDADES DA CAMPAÑA DE SAÚDE “PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA”
? A delegada territorial subliña o dobre obxectivo do programa: Fomentar hábitos de alimentación saudables e promover o consumo de produtos do mar en conserva
? Máis de 300 nenos e nenas participan nesta iniciativa en cinco concellos da provincia
Lugo, 18 de abril de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, compartiu hoxe cos alumnos e alumnas do Centro de Educación Infantil e Primaria (CEIP) de Riotorto as actividades enmarcadas na campaña Ponlle as pilas ao teu bocata, que promove a Consellería do Medio Rural e do Mar e conta coa colaboración das Consellerías de Educación e Sanidade.
A delegada destacou que esta campaña persegue un dobre obxectivo xa que, á vez que serve para impulsar unha das actividades económicas máis importantes en Galicia, como é a pesca e a industria conserveira, fomenta hábitos saudables de alimentación.
Arias participou xunto cos nenos e nenas na elaboración de bocadillos nos que o ingrediente básico foron as xoubiñas, mexillóns ou bonito, xunto con leituga, tomates, cenorias e outros complementos. Cada alumno fai o seu bocata mesturando os alimentos ao seu gusto. Así mesmo, os monitores da actividade imparten unha charla na que explican de xeito didáctico os beneficios que presentan os produtos do mar en conserva.
A campaña chegará a 323 alumnos da cinco concellos da provincia. Deu comezo o luns no colexio Uxío Novoneira de Pedrafita; mañá xoves visitará o colexio número 1 de Foz, e o venres estará no colexio Juan Rey de Lourenzá. Proximamente recalará no Lois Tobío de Viveiro.
Raquel Arias subliñou “o alcance desta campaña, orientada ao público infantil e levada a cabo en centros escolares entre alumnos e alumnas de terceiro, cuarto e quinto curso de primaria”. A idea, apunta, “é ir concienciando aos máis pequenos de que o que comen cada día terá repercusións sobre a súa saúde e estado físico”.
A delegada invitou aos escolares, así como a pais e nais, a achegarse á páxina web da campaña (ponlleaspilasaoteubocata.com), na que atoparán multitude de recursos lúdicos e didácticos en torno a esta iniciativa, como xogos, receitas, consellos de preparación e, por suposto, información sobre as propiedades dos bocadillos propostos –cantidade de calorías, proteínas, glúcidos…-.
Este proxecto, explicou Arias, pretende “que os máis cativos coñezan que poden optar por bocadillos saborosos, sans e nutritivos baseados en conservas de peixe e moluscos fronte á alternativas máis calóricas e prexudiciais”.
Para reforzar esta mensaxe, cada alumno recibirá como agasallo unha gorra e un receitario. Así mesmo, poden participar nun concurso no que se premiará a receita máis creativa baseada en conservas de peixe.
Na actividade participou tamén o xefe de coordinación da Área do Mar da Delegación Territorial, Pablo Fernández Asensio.
Remitido










López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



