A Deputación convoca o I Concurso de Novos Deseñadores da provincia para potenciar este sector e o emprego xuvenil
– O organismo provincial organiza este pioneiro certame, dirixido a mozos de 18 a 35 anos de idade e censados en Lugo, no marco da gala Lvcvs Moda 2012
– Regina Polín anunciou que as inscricións poden facerse dende mañá entregando no Rexistro de San Marcos os bocetos dos deseños, que deberán estar inspirados, polo menos un deles, no medio ambiente, en homenaxe ó 10º aniversario da Reserva Terras do Miño
– Haberá tres premios en metálico -de 500, 300 e 200 euros- e os gañadores daranse a coñecer durante a gala de moda, que terá lugar o día 8 de maio no Círculo das Artes
A Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, presentou este luns o I Concurso de Novos Deseñadores da provincia, convocado pola Deputación “co obxectivo de fomentar os novos valores no deseño de moda, así como potenciar a industria deste sector e, principalmente, o emprego xuvenil”. Polín subliñou neste sentido que a firme aposta do organismo provincial por facilitar a entrada dos máis novos no mundo laboral é “real e visible en iniciativas como as 70 becas Leonardo da Vinci que darán a oportunidade a mozos titulados lucenses de formarse en Europa, as primeiras bolsas medioambientais, que insertaron laboralmente a preto da metade dos participantes, as becas de innovación ou as de artesanía”.
O organismo provincial convoca o pioneiro certame de novos creadores para reforzar a Gala Lvcvs Moda 2012, que terá lugar o vindeiro 8 de maio no Círculo das Artes da capital lucense, segundo anunciou a Deputada de Deseño e Artesanía. O concurso está dirixido a mozos de entre 18 e 35 anos de idade, residentes e censados en Lugo, e os interesados en participar poderán inscribirse a partir de mañá, día 10, e ata o 20 de abril entregando no Rexistro do Pazo de San Marcos, ben persoalmente ou por correo, os bocetos dos seus deseños. Estes deberán ser orixinais e inéditos, e estar inspirados, polo menos un deles, no medio ambiente, en homenaxe ó 10º aniversario da declaración da Reserva da Biosfera Terras do Miño pola UNESCO. Haberá tres premios en metálico –de 500, 300 e 200 euros – e o nome dos gañadores farase público durante a celebración da gala de moda, que cumpre a súa terceira edición.
Para a concesión dos premios, teranse en conta, por esta orde, os criterios de orixinalidade, calidade e creatividade dos deseños presentados; a inspiración da colección no medio ambiente; e a presentación dos traballos.
Outros requisitos
O formulario de inscrición e as bases do concurso poden atoparse na web da Deputación www.deputacionlugo.org pero outros requisitos fundamentais son os seguintes:
I. Cada aspirante presentará baixo pseudónimo unha única colección composta por tres modelos. O tema de inspiración será o décimo aniversario da declaración de Terras do Miño como Reserva da Biosfera, polo que primará a inspiración no medio ambiente. Un modelo da colección deberá estar listo o 7 de maio para proceder á súa proba antes da gala Lvcvs Moda, que terá lugar ó día seguinte, o 8 de maio.
II. As persoas participantes presentarán os seus bosquexos debuxados de fronte e costas en formato DIN A/4. Ao dorso de cada bosquexo deberá figurar obrigatoriamente o título da colección, o do deseño -se o houbera- e o pseudónimo da persoa concursante.
III. As láminas deberán ir acompañadas dunha descrición técnica do modelo e, opcionalmente, de mostras de material a utilizar na súa confección. A ficha técnica, que deberá axustarse como mínimo á talla 38 de muller e 40 de home, conterá, polo menos, os seguintes puntos: bosquexo con todas as características do modelaxe; bandeiras de cores; proposta de moda e tecidos; medidas a escala; e ficha de escandallo. Así mesmo, poderá achegarse á ficha técnica calquera outra documentación que se considere relevante de cara á avaliación do proxecto.
Por outra banda, nas solicitudes deberase indicar un número de teléfono ou correo electrónico ao que se deberán cursar as comunicacións que deban realizarse, que servirá a todos os efectos como medio de practicar as notificacións. Ademais, as solicitudes presentaranse xunto coa seguinte documentación, que terá que estar debidamente asinada polo solicitante e deberá ter carácter auténtico ou copias compulsadas conforme á lexislación vixente:
– Documentación acreditativa da identidade, idade e residencia do solicitante.
– Currículum vitae da persoa que participa no concurso.
– Os bosquexos e as fichas técnicas presentaranse nun sobre pechado co título da colección e o pseudónimo.
– Declaración xurada de que a colección presentada é orixinal e non resultou premiada nin presentada noutro concurso.
Remitido




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



