A Deputación mellora as comunicacións de Ourol con Viveiro e A Mariña Central beneficiando a un milleiro de veciños
– O Presidente supervisou as obras de acondicionamento da estrada de Ruanova por Sixto a Muras, acometidas grazas ó POS, coas que contribuíu a manter unha vintena de postos de traballo e que contaron cun orzamento de 300.000 euros
– Gómez Besteiro lamentou o drástico recorte dos fondos do POS 2012 asestado polo Goberno Central, dados os “beneficios sociais e económicos” que supón, como “queda reflectido nestas obras”
– Respondendo a unha petición veciñal, o organismo provincial achega preto de 7.000 euros para acondicionar o entorno do cemiterio da parroquia de Ourol, con 200 veciños
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, supervisou este xoves as obras de acondicionamento da estrada provincial LU6602 de Ruanova por Sixto a Muras, acometidas grazas ó Plan de Obras e Servizos (POS) do 2011, uns traballos que melloran as comunicacións do Concello de Ourol co de Viveiro e coa Mariña Central. As actuacións, que consistiron na pavimentación con aglomerado en quente dun tramo de 5,150 quilómetros, benefician a un milleiro de veciños que vive nas parroquias viveirenses de Galdo e Magazos, e nas ourolesas de Bravos e San Pantaleón de Cabanas, que teñen nesta vía a saída natural, máis rápida e cómoda, hacia a cidade de Viveiro e a comarca central da Mariña. As obras vertebran así mesmo os enlaces entre as parroquias vivarienses de Landrove, Magazos e Vieiro. Coa súa execución, a Deputación contribuíu a manter unha vintena de empregos no sector da construción, un dos máis castigados pola crise. O orzamento foi de preto de 300.000 euros, achegados ó 50% por Deputación e Ministerio de Administracións Públicas.
O Presidente subliñou que obras coma esta, recén rematada, “poñen claramente de manifesto os beneficios sociais e económicos que ten o POS na nosa provincia”. Por iso, lamentou que o Goberno Central, no marco “dunha espiral de recortes que está afogar a economía”, aplique neste 2012 “unha drástica redución do 75,25% con respecto á consignación do Plan en 2011, ó que, na práctica, supón a súa eliminación”. As consecuencias deste recorte “serán claramente negativas para as arcas provinciais e municipais, xa que, canto menor sexa a transferencia do Estado, menos serán as obras que se executen na provincia, e, por tanto, menos obra pública se licitará e máis empregos se destruirán”, engadiu.
Para tratar de reverter esta situación, Gómez Besteiro lembrou que o Goberno provincial aprobou esta semana no Pleno da Corporación, coa negativa do PP, unha proposta instando ó Executivo Central a manter o Plan de Obras e Servizos deste ano cos mesmos importes de 2011, é dicir, de 83,6 millóns de euros, pois trátase “dun extraordinario instrumento de cooperación municipal que xunta o esforzo das administracións e permite dotar ós núcleos rurais de servizos e infraestruturas moi demandados polos veciños, que os Concellos, por si sos, non poden prestar e que contribúen a frear o despoboamento e o paro”.
1,6 millóns en 4 estradas provinciais
Coa achega do POS 2011, a Deputación de Lugo adxudicou melloras en 4 estradas de titularidade provincial por importe de 1,6 millóns de euros. Así, xunto a de Ruanova por Sixto a Muras, que enlaza os municipios de Viveiro e Ourol, consignou fondos para arranxar as seguintes vías:
– En Sarria, a vía que discorre entre Mesón de Alvaredo e San Martín de Loureiro, do punto quilométrico 0,000 ó 5,075. A inversión nesta obra, xa rematada, foi de preto de 300.000 euros.
– A que vai de Cereixal a Louxas, entre os puntos quilométricos 19,000 e 26,500, e que comunica ós veciños de Baralla, Becerreá, Baleira, Navia de Suarna e A Fonsagrada. O orzamento é de 532.100 euros e estará finalizada a mediados de xuño. O avance das obras está suxeito ás condicións meteorolóxicas.
– A de Rao por Murias a Valouta, en Navia de Suarna, entre o quilómetro 0,000 e o 7,419. Ten un presuposto de 542.800 euros e quedará rematada para finais de maio. A execución tamén está vinculada ás condicións do tempo.
Sinatura dun convenio
Por outra banda, o Presidente asinou coa Asociación de Veciños de Ourol un convenio en virtude do cal o organismo provincial achega preto de 7.000 euros ó colectivo para acometer melloras no entorno do cemiterio parroquial. As obras, coas que a Deputación responde a unha demanda veciñal, consistirán na rehabilitación dunha parte do camposanto da parroquia de Ourol, na que residen máis de 200 veciños. Gómez Besteiro puido comprobar así mesmo o estado do aparcadoiro do atrio da igrexa tralas obras acometidas grazas ó Plan de Comunidades Veciñais de 2011 cun orzamento de 16.000 euros, dos que a Deputación achegou 12.000. En total, o pasado ano catro entidades asociativas de Ourol recibiron 29.000 euros da institución luguesa a través do Plan de Comunidades Veciñais para acometer diversas melloras de servizos e dotacións no rural.
O mandatario provincial estivo tamén na parroquia ourolesa de Xerdiz, onde inspeccionou a construción dun forno no cemiterio deste núcleo rural para queimar residuos, acometida a través do Plan de Comunidades Veciñais de 2011 cunha achega de 3.400 euros da Deputación. No mesmo lugar, comprobou a restauración do muro perimetral do cemiterio e o adecentamento do atrio da igrexa con 4.000 euros, traballos executados igualmente grazas ó Plan de Comunidades Veciñais, neste caso da anualidade 2010.
Remitido






















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



