O SECTOR PESQUEIRO EXPÚXOLLE AO GOBERNO CENTRAL AS SÚAS INQUEDANZAS E O DIRECTOR GENERAL DE MARINA MERCANTE COMPROMETÉUSE A TELAS EN CONTA. PATRICIA LÓPEZ ASEGURA QUE O EQUIPO DE GOBERNO SEMPRE ESTARÁ AO LADO DAS REIVINDICACIÓNS QUE PLANTEXEN.
Burela, 20 de abril de 2012. A concelleira de Mar, Patricia López Eijo, valorou de xeito positivo o encontro que mantiveron o director general de Marina Mercante e o director de Salvamento Marítimo con representantes da confraría de pescadores de Burela e de ABSA. O sector expúxolles as súas inquedanzas e os representantes do goberno central comprometéronse a telas en conta. López Eijo fixo fincapé no peso que ten o porto de Burela na pesca deste país e asegurou que o equipo de goberno sempre estará ao lado das reivindicacións que plantexe.
A concelleira de Mar dixo que “se trataba de ter unha primeira toma de contacto entre o sector pesqueiro de Burela e as máximas autoridades en materia de marina mercante e de salvamento marítimo do goberno central para darlles a coñecer aquelas inquedanzas máis importantes que agora mesmo están preocupando ao sector e que son de competencia do goberno central”.
López Eijo sinalou que “a inquedanza máis importante que existe agora mesmo dentro do sector é o problema das titulacións e a coordinación co resto dos países da Unión Europea dos requisitos para poder despachar os barcos que faenan en augas comunitarias. Esta é unha vella reivindicación do sector pesqueiro, convén recordar que a regulamentación actual existente en España sobre as titulacións requeridas para poder despachar en barcos de pesca data do ano 1964, xa ten practicamente 50 anos. O que quere o sector é plantexar a necesidade de que se axilicen os trámites e de que se requiran aquelas titulacións que se consideran realmente imprescindibles para poder despachar os barcos”.
A edil de Mar valorou de xeito positivo ese encontro “o director general de Marina Mercante comprometeuse a escoitar e a ter en conta as peticións que desde o sector pesqueiro fagan e recoñeceu evidentemente a importancia que o sector pesqueiro de Burela ten dentro do ámbito pesqueiro da comunidade autónoma galega”.
O equipo de goberno entende que “xa non só se tratou de facer unha visita institucional a Burela por parte do director general de Marina Mercante e o do director de Salvamento Marítimo para coñecer as instalacións da futura sede de Capitanía Marítima, senón que ao mesmo tempo foi importante manter esta reunión, esta primeira toma de contacto entre o sector e os representantes do goberno central, como non podía ser doutro xeito, reunión que, por certo, foi propiciada e organizada desde a Alcaldía”.
Patricia López Eijo engadiu que “coma sempre, tanto desde a Alcaldía como desde o equipo de goberno somos moi sensibles coas peticións que fai o sector pesqueiro, porque Burela vive do que vive e aí está o porto, que o ano pasado facturou 74 millóns de euros en venta directa. E por suposto o equipo de goberno sempre vai estar ao lado das reivindicacións que o sector pesqueiro faga, que ademáis neste caso entendemos que son perfectamente razonables”.
Remitido




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



