As sesións programadas achegan ao público historias e realidades das mulleres no medio rural a través da gran pantalla
A Coruña, 16 de outubro de 2026. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación organiza, do 15 de outubro ao 15 de novembro de 2026, a novena edición do Ciclo Nacional de Cine e Mulleres Rurais, que chega este ano a 13 localidades de Galicia con 23 proxeccións. A mostra consolídase así como unha iniciativa de referencia para achegar ao público as historias, experiencias e realidades das mulleres rurais a través do cine.
A programación presencial inclúe 12 títulos, dos que se poden ver 6 nas salas galegas: Bodegón con fantasmas, de Enrique Buleo; La buena letra, de Celia Rico; La buena suerte, de Gracia Querejeta; La terra negra, de Alberto Morais; Lo que queda de ti, de Gala Gracia, e Rondallas, de Daniel Sánchez Arévalo.
Por provincias, na Coruña hai 7 proxeccións en 5 municipios (A Coruña, Coristanco, Mañón, Neda e Santa Comba); en Lugo, programáronse 6 sesións en 2 salas (San Cosme de Barreiros e Xermade); en Ourense, 5 pases en 3 localidades (Berán, en Leiro; Cenlle, e Ribadavia), e Pontevedra acolle 5 proxeccións en 3 sedes (A Guarda, Meaño e Ribadumia).
Ademais, a sede da Casa da Antiga Escola de Berán, en Leiro (Ourense), acolle hoxe unha presentación coa actriz e directora Ana Asensio, xunto coa proxección de Bodegón con fantasmas ás 20.00 horas. Esta actividade inclúe un concerto e degustación de viño do Ribeiro, cunha mesa redonda con mulleres viticultoras, exposición, taller artístico e encontro con emprendedoras rurais.
Por outra banda, a programación online, gratuíta e accesible desde a páxina web oficial do ciclo, estará dispoñible entre o 17 e o 31 de outubro para España d 13 países de América Latina e o Caribe (Argentina, Brasil, Chile, Costa Rica, República Dominicana, El Salvador, Guatemala, Honduras, Jamaica, México, Nicaragua, Panamá e Uruguay). A proposta inclúe unha selección de 13 longametraxes e curtametraxes que abordan, desde diferentes miradas, a vida das mulleres no mundo rural.
Este programa do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación desenvólvese durante un mes en 530 localidades de España con 1.097 proxeccións e 461 actividades, co obxectivo de achegar ao público historias e realidades das mulleres no medio rural a través da gran pantalla.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



