JUAN QUERALT, PINTOR, EN SAN MARTIÑO
Juan Queralt Blanch é un recoñecido artista plástico catalán que na actualidade atópase realizandio un espectacular mural na basílica de San Martiño (4,80 X 4,20 m.) nunha ampla parede interior do que algún día será o museo da basílica, que reproduce a composición de chamativa escena rosendiana. O pintor é un fondo admirador do Quixote o que o leva a concebir a súa obra preferida que titula “El Quijote y los valores humanos”, que en 1998, o Instituto Cervantes, de xeito rotativo amosou por Europa e América, coa que se erixe en apóstolo da obra cervantina, non só atraído pola transcendencia literaria da mesma, senon como auténtica guía de comportamentos humanos, cuxa lección a través da seu traballo pictórico, e outras actividades didácticas paralelas, pretende espallar entre a sociedade, con especial incidencia na xente xove. Dai que o abor de promoción da mesma sexa sobre todo en centros de ensinanza e universidades nas que, algunhas delas galegas, presentou a alumnos e profesores a sua ilusionada e altruista iniciativa; actividade que quere achegar ás institucións da nosa bisbarra.
Un día Juan Queralt descubríu a personalidade engaiolante dese ser excepcional da Galicia do S. XIII, que foi San Rosendo, bispo en San Martiño, e quedou fascinado pola mesma, que adoptou tamén como modelo para a sociedade; e tras plasmar a súa pequena homenaxe nunha dependencia do mosteiro de Celanova, fundado polo Santo, propúxose que o seu maior esforzo na honra do mesmo, quedara para sempre no cenobio focego, obra que conta rematar no prazo de dous ou tres meses.
Dentro da súa campaña quixotesca, o luns pasado, Día do Libro, tivo lugar en Ourense, promovido por él, e coa implicación daquel concello, un acto de exaltación que non ten precedente: na súa praza Maior e co adobío musical, a xente que enchía o espazo,
escoitou a lectura dun pasaxe do Quixote en 16 idiomas distintos, realizada por outros tantos nativos dos países das falas correspondentes. Espectáculo insólito do que foi testemuña o director do IES de Foz, Nemesio Rodríguez.
Suso Fernández




















A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.



