O próximo domingo 29 de abril, en Cangas – Foz, no centro social as sete da tarde, tera lugar o festival de musica galega a cargo do cantautor Miro Casabella, pertencente a “Voces Ceibes” orixinario das terras do Valadouro. Que tempos aqueles de loita por Galiza, en Cangas, o próximo domingo, poderemos recordar con nostalxia aquela musica que nos fixo identificar o noso pais e a nosa lingua. Invitamos a todo os que queiran acompañarnos a desfrutar dunha tarde para as lembranzas. A entrada será gratuíta.
