![]()
MONDOÑEDO, ENTRE CANDIA E CRUZ.
Mirar a nosa praza da catedral xa ben entrada a tarde ,en unha xornada na que se prevé algún acontecemento e se encontra libre de coches, é un verdadeiro pracer para os sentidos.
Comprobar como a ausencia de ruído e a tenue luz que ilumina as súas pedras nos aporta tranquilidade e a paz que moitos buscamos despois de un largo día de traballo.
Calquera veciño do noso pobo é consciente de esta sensación e moitos son os que que xa o disfrutaron algunha noite.
Creo que solo a clase política vive allea a todo isto. Alimentan o debate aínda sendo conscientes de esa realidade. Hasta creo que os comerciantes, serían capaces de entender que o cambio de modelo económico é en estes momentos algo inminente na nosa cidade. Necesitámolo!!
Si buscamos as opinións dos nosos veciños( sin ánimo de enfrontalos politicamente) podemos comprobar o desánimo e a desesperación que agora mesmo conde en todos eles. Lendo a Lorenzo Ares( formidable estudio demográfico), vemos a decadencia continuada desde fai quizais demasiado tempo. Comprobamos, profundizando no seu estudio, que a tendencia se mantén no tempo por encima de calquera goberno e de calquera color político.
Quizais sexa o momento de tirar de orgullo mindoniense e aunar esforzos entre as persoas que, lonxe de ambicións persoais e políticas, teñamos como único fin o desenvolvemento económico e social da nosa querida cidade.
Dito isto e sempre baixo a miña opinión, Mondoñedo ten soamente dúas saídas. Por un lado o noso amplo e cuidado patrimonio artístico e cultural está sen explotar (lease no periódico de Mondoñedo que edita Ruiz leivas).
En este ámbito, como moi ben di Ruiz, temos moitas e variadas actividades que poder ensinar, multitude de facetas que podemos desenvolver e ofrecer aos turistas que nos visiten.
Todo isto ben desenvolvido e estruturado sería a maior industria que poderíamos explotar, co engadido de que non son necesarias grandes inversións por que todo esta feito , ben polos nosos antepasados ou pola propia natureza.
Ben é certo que necesitamos estrutura de servizos , ( aloxamentos e restauración), xa que os actuais se quedarían pequenos si fósemos capaces de meter nos grandes circuítos de turoperadores a nosa cidade.
Pero ás veces as cousas son moito mais sinxelas do que parecen e explícome. Estes días líamos na prensa como o concello, consciente do deterioro que sofren moitos edificios do casco histórico, ven de presentar un plan para revisar as edificacións e cualificar aquelas que necesitan unha reparación urxente ,debido ao seu deterioro e perigosidade. Son moitas e están repartidas en todo o caso urbano.
Pois aí está a solución, diante das nosas narices. Estes edificios a través de convenios cos seus donos ,podían ser rehabilitados e acondicionados( a través dunha empresa a tres bandas CONCELLO, EMPRESA DE DESENVOLVEMENTOS TURÍSTICOS E EMPRESA DE CONSTRUCIÓN) de forma que servisen para aloxar en apartamentos as persoas que nos visiten. Pasado o tempo de amortización da inversión , a propiedade volvería a recaer no seus donos para que estes a destinasen a outros usos ou seguisen ca actividade xa a modo particular.
Con isto creariamos a estrutura que nos falta e todo sin saír do encanto que como dixen antes proporciona ao visitante o noso casco antigo.
Solo son ideas, que neste momento é precisamente o que necesitamos e que estou seguro que nestes días xurdiran moitas e mais importantes, por que o que non cabe dubida e que algo se empeza a mover en este concello. Son consciente diso.
Por outro lado , os Mindonienses , quizais non nos damos conta que temos outra riqueza que ao saír á rúa se mostra inmensa diante de nos .Non é outra que a nosa terra, a nosa rica terra que da unhas hortalizas alabadas nas cidades periféricas as que exportamos, e que son valoradas polo seu sabor e tenrura particular.
Temos un microclima que as favorece, o noso val esta cheo de auga que as rega, e a nosa xente sabe como cultivalas. Solo necesitamos poñelas en valor e comercializalas.
Esta industria( por dicilo de algunha forma), está sin explotar , e temos moitas hectáreas de terreo que se poden adicar a este tema e sería unha fonte de recursos inesgotables para todo o noso rural. Temos que poñer os medios para poñelas no mercado, dalas a coñecer e explotar o noso campo empresarialmente.
As economías domesticas terían un aporte extra, e moitas estou seguro , acabarían por telo como única forma de ganarse a vida e vivir mais que dignamente.
Estou seguro que hai moitas mais ideas que expoñer, pero alonxemos a idea de que grandes empresas recaeran no noso concello, por que estamos deslocalizados de grandes cidades e lonxe de grandes rutas ou centros de distribución, cousa que a gran empresa ten moito en conta no seus custes estruturais e que afectan negativamente nos seus balances.
Por iso, sexamos conscientes de onde estamos e tamén do que temos . Explotémolo para crear a riqueza que necesitamos e voltaremos a ter orgullo de ser Mindonienses con letras maiúsculas.
Alguén se preguntará a que ven o titulo do artigo?. Simplemente mentres a sociedade necesita ideas, os nosos políticos dedícanse a tirarse dardos envelenados en lugar de traballar pensando no mal menor. Así os vemos enfrascados en debates estériles, alonxados da realidade e ca única intención de tomar vantaxe política.
Señores do goberno e da oposición, non nos interesa si Franco é ou deixa de ser alguén na Deputación, nin tampouco os grandes debates en política nacional. Pensemos no noso concello e na nosa xente que estamos pasando un mal momento. Por iso vos recordaremos, por nada mais.
Jorge Losada Comendeiro


















O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



