O ALCALDE TRASLADOULLE AO MINISTERIO DE INDUSTRIA A INQUIETUDE DOS VECIÑOS POLO TRAZADO DO GASODUCTO AO SEU PASO POLO MUNICIPIO. FUENTE PARGA VALOROU DE XEITO POSITIVO O ENCONTRO MANTIDO CO SUBDIRECTOR XERAL DE HIDROCARBUROS.
Barreiros, 12 de abril de 2012. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, fixo un balance positivo sobre o encontro que mantivo onte en Madrid co subdirector general de Hidrocarburos do Ministerio de Indusdria, Sergio López, ao que lle trasladou a inquietude dos veciños polo trazado do gasoducto ao seu paso polo municipio.
Fuente Parga explicou que “haberá que conxugar os intereses de todas as partes. É certo que hai un interés forte e urxente para que a empresa Alcoa teña unha enerxía máis barata, pero por outro lado tamén haberá que ter en conta os intereses dos veciños e dos concellos e que lles afecte do menor xeito posible”. O alcalde de Barreiros estivo acompañado nese encontro polo deputado popular Jaime de Olano. Ambos responsables políticos deixaron claro que calquera decisión que de adopte en ningún caso debe perxudicar os intereses da multinacional Alcoa, nin os intereses do resto dos municipios da costa luguesa, para os que é de grande interés a finalización desta infraestructura.
O alcalde de Barreiros indicou que “no prazo duns quince días voltaremos a reunirnos alí en Madrid xa con algunha proposta. O subdirector general de Hidrocarburos coñecía perfectamente o trazado e se comprometía en estudiar os posibles cambios a levar adiante para minimizar o impacto no noso concello, non perxudicar en grande medida aos veciños e non retrasar a obra”. Fuente Parga engadiu que “haberá que ter presente que un cambio importante no trazado podería supoñer un retraso duns dous anos na execución da obra e iso poñería en peligro os postos de traballo de Alcoa, como estamos a ver todos os días”. O rexedor barreirense lembrou que “hai uns días se levou unha proposta ao parlamento de Galicia unha petición de rebaixa do custe da enerxía para que Alcoa non se plantexe a súa retirada de San Cibrao ou a reducción da súa producción, porque iso nos afectaría a todos os veciños da comarca da Mariña”.
Alfonso Fuente considera que “se pode chegar a un acordo para minimizar o impacto do gasoducto ao seu paso por Barreiros. Agora toca preparar algunha nova proposta para analizar nese novo encontro que manteremos nuns quince días en Madrid”.