O BNG ESIXE Á XUNTA A RETIRADA DO DECRETO QUE DEIXA SEN FINACIAMENTO PARA O SAF BÁSICO AOS CONCELLOS LUCENSES
O BNG xa presentou no Parlamento Galego e levará aos concellos lucenses iniciativas solicitando que a Xunta manteña o apoio para servizos sociais aos concellos de menos de 20.000 habitantes
Manuel Parga afirmou que “a Xunta non ten alma cando toma estas medidas que recurtan servizos básicos ás persoas máis desfavorecidas”
Antonio Veiga esixiu á Xunta “compromisos no apartado orzamentario para seguir mantendo os servizos básicos de benestar nos concellos lucenses”
Lugo, 19 de abril de 2012. Esta tarde, os alcaldes e tenentes de alcalde do BNG na provincia de Lugo, así como os responsábeis comarcais do BNG na Mariña e Lugo-Sur, Antonio Veiga e Ricardo Rodicio, maila vicerresponsábel do BNG de Lugo-Centro, Esther López, e o deputado do BNG no Parlamento Galego, Manuel Parga, compareceron en rolda de prensa no local comarcal do BNG de Lugo para mostrar a súa oposición ao Decreto 99/2012 de 16 de marzo que “exclúe da axuda pública por parte da Administración Autonómica os servizos de axuda no fogar en todos aqueles concellos menores de 20.000 habitantes, o que significa que agás a capitalidade de Lugo, o resto de concellos da provincia terán que financiar con fondos propios o servizo de axuda no fogar” – afirmou Antonio Veiga.
Antonio Veiga, responsábel comarcal do BNG na Mariña e responsábel da Área de Benestar Social da Deputación de Lugo, considerou “un auténtico escándalo que a Xunta de Galiza se desentenda absolutamente do que é a atención aos maiores na práctica totalidade dos concellos da provincia xa que a decisión que recolle o DOG no artigo 47 do Real Decreto 99/2012 de 16 de marzo, deixa sen posibilidade de cobertura a moitas persoas da provincia, e non só iso, senón que esta decisión vai provocar perda directa de emprego e afondar na fenda social entre a Galiza urbana e a Galiza rural, cando é esta a que concentra unha maior porcentaxe de poboación maior de 65 anos. Non é de recibo que un servizo que a día de hoxe era financiado basicamente coas achegas que efectuaba a Deputación e a Xunta se quede sen o respaldo económico, posto que a retirada de dotación orzamentaria por parte da Xunta, inviabiliza que os concellos poidan seguir a prestalo”.
Veiga comparou as cifras entre o que aporta a Xunta de Galiza e a Deputación de Lugo para o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) para amosar o desentendemento que a Xunta está a ter orzamentariamente neste aspecto xa que en 2010 a Xunta aportaba 1.136.000 euros por 500.000 da Deputación; en 2011 a Xunta baixou aos 459.000 euros e a Deputación mantivo os 500.000 euros, e neste 2012 a Xunta anula as axudas mentres que a Deputación realiza o esforzo de aumentar até os 600.000 euros esta cantidade.
Pola súa banda, Manuel Parga, deputado do BNG no Parlamento Galego, definiu este decreto como “o maior golpe ao sistema de servizos sociais no País”, e insistiu en que “alén de privar aos concellos de financiamento para o sistema de axuda no fogar, recolle auténticas barbaridades como é a modificación dos criterios de financiamento da Dependencia, até agora asumidos na súa totalidade pola Xunta e o goberno central, e que agora pasarán a ser asumidos tamén polos concellos. Na mesma liña, non é de recibo que o goberno autonómico retire tamén o financiamento para as unidades de traballo social de concellos de menos de 20.000 habitantes, xa non só porque vai na liña de discriminar aos concellos de menos poboación senón porque vai significar que todo o que é o sistema de servizos sociais dos concellos, as unidades de atención aos drogodependentes, os equipos de educadores familiares…. desaparezan co que ten de merma de prestacións para quen máis o precisa, pois estamos falando de colectivos en risco de exclusión, senón tamén porque incide na destrución de emprego, creando auténticos dramas porque vai haber moitos despedimentos debido a que os concellos veranse obrigados a reducir persoal”. Neste sentido Parga afirmou que “a Xunta non ten alma cando toma estas medidas que recurtan servizos básicos ás persoas máis desfavorecidas”.
Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos, que falou no nome da representación de alcaldes, afirmou que “a Xunta non pode seguir recurrindo a términos eufemísticos para encubrir o que é un absoluto desmantelamento dos servizos de benestar no noso país”. E apuntou a dobre gravidade deste asunto xa que “a Xunta de Galiza está obrigando a outras administracións a afrontar custes de servizos que non son da súa competencia directa cando é o goberno autonómico quen dispón de máis marxe de manobra e recursos para afrontar políticas neste camiño”.
Nesta liña, Severino Rodríguez afirmou que “a Xunta está poñendo contra a espada e a parede aos concellos, porque a cidadanía espera destes que lle resolvan os problemas, xa que unha admnistración está para iso, mentres que o que está a facer o PP é todo o contrario, crear máis problemas aínda por riba a quen máis necesita a axuda”. Por todo isto, Severino Rodríguez afirmou que “desde os concellos dirixirémonos á Xunta para que rectifique e buscar unha solución a este problema, porque as persoas que o necesitan non deben quedar desatendidas”.

















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



