O GM do PP DENUNCIA O CINISMO E A FALLA DE RESPONSABILIDADE DO EQUIPO DE GOBERNO DO BNG NA LOITA CONTRA O DESEMPREGO
Se de cinismo e falla de responsabilidade adoita cualificarse o comportamento de quen hoxe fai ou di unha cousa e mañá fai ou di a contraria, así será como se ten que cualificar o comportamento do equipo de Goberno do BNG no Concello de Ribadeo, quen un día non dubidan en rexeitar e votar contra unha moción presentada polo GM do PP que, na liña doutros municipios da nosa bisbarra, buscaba acadar para o pobo, co consenso de todos, un plan de fomento do emprego e de apoio á consolidación das empresas que axudara, nalgunha medida, a mitigar a gravidade das consecuencias deste problema no noso entorno próximo, e ao día seguinte, sen rubor algún, ponse diante da pancarta erixíndose nun dos máximos voceiros contra o desmantelamento industrial e contra das medidas que en materia laboral foron adoptadas polo Goberno da nación. Deste xeito, mentres o BNG dende a súa responsabilidade de goberno no Concello de Ribadeo non fai nada por acadar solucións que contribúan a mitigar os efectos do desemprego na Vila (xa que, non só rexeitaron sen xustificación algunha máis que a derivada de prantexamentos políticos a moción do PP senón que non foron quén de presentar unha proposta alternativa), os mesmos teñen o descaro de imputar a outros tanto a responsabilidade da existencia mesma do problema como a obriga de acadar as solucións ao mesmo. Pois ben, comportamentos coma estes deben ser rexeitados e censurados, pois nun tema como é o do emprego todos temos que asumir responsabilidades e non descoñecer a realidade de que o desemprego é unha lacra social de extraordinaria gravidade, debendo ser un compromiso de todos, e sobre todo da administración local por ser esta a máis cercana o cidadán, traballar na procura de solucións.
É un feito que o noso Concello non está ao marxe da coxuntura socioeconómica pola que está a pasar o país, no que a gravidade da crise económica está a provocar o peche de empresas e a destrución de postos de emprego, téndose incrementado a taxa de paro na Vila no derradeiro ano ata un 8%, o que trae como consecuencia directa que, unha grande parte das economías familiares estean fondamente feridas, de aí que cumpra esixirlle ao equipo de Goberno do BNG que se deixen de lerias, e que a mesma preocupación que amosan polo tema do emprego noutros foros o amosen na casa.
O nulo interese do Alcalde pola situación do emprego no noso Concello, resulta xa da propia convocatoria da sesión do pleno na que se debateu este tema, e na que a moción do GM do PP figurou no último punto da orde do día, de xeito que, escomezando a sesión ás 20,00 hs, primeiro houbo que tratar temas tan diversos e de tan importante calado para a Vila como é o PXOM, ou os convenios urbanísticos, seguidamente se debateron as mocións, singularmente, 4 do Grupo Municipal Socialista sobre temas como a redución de multas de tráfico, a modificación de criterios das axudas dos Programas de Cooperación, a declaración do Día de Rosalía de Castro, e outra sobre o Día Internacional das Mulleres, e 4 mocións do BNG sobre dereitos das mulleres, sobre apoio á iniciativa lexislativa popular para a defensa e promoción da sanidade pública en Galiza; contra a privatización e suba de tarifas das escolas infantís pertencentes á Xunta de Galiza; e outra para declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía de Castro; de xeito que, sendo xa preto das 12,00 h da noite foi que se expuxo a moción do GM do PP sobre emprego, única deste grupo incluída no orde do día, cando o cansazo dos concelleiros presentes era evidente, e boa proba desto é que rematado o debate deste asunto, o Alcalde levantou a sesión sen dar lugar a formular rogos nin preguntas. Dende logo que non Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.
vamos a pór en dúbida a importancia de tódolos temas tratados con anterioridade á moción do PP, agora ben, sendo o emprego senón a primeira, si unha das principais preocupacións que albergan os cidadáns, entendemos que o seu debate merecería, de non terse abordado nunha sesión monográfica, si, cando menos, térselle dado na Sesión na que se debateu un tratamento en consonancia coa preocupación que este tema xera na sociedade, e non despachalo de corrido, no último momento, e en pouco menos de 10 minutos. Isto só se explica polo nulo interese do equipo de Goberno do BNG no asunto, e no seu desexo de que o debate pasase desapercibido para o pobo, agochando deste xeito a súa verdadeira falla de ideas e a súa incapacidade de xestión neste asunto.
Contrariamente, nós entendemos que os nosos veciños e veciñas non deben quedar ao marxe dun debate que ten repercusión directa na súa vida e na dos seus fillos, no que eles son os principais actores e de aí que deban saber que o equipo de goberno do BNG rexeitou o chamamento que dende o Grupo Municipal do PP se fixo para que o Alcalde asumira a responsabilidade que lle cumpría na materia e liderase a elaboración dun plan de emprego para o noso Concello que, coa implicación de tódolos axentes sociais e políticos, permitirá conquerir entre outros obxectivos a dinamización do mercado laboral no municipio, o acceso dos nosos desempregados a un emprego estable, o apoio aos novos emprendedores, a inserción laboral de colectivos con maiores dificultades para atopar emprego, …
Finalmente, cómpre lembrar que non hai maior garante dos servizos sociais que o emprego, de xeito que, os servizos públicos sanitarios, educativos, sociais, culturais, deportivos, … con ser importantes, a súa prestación polas administracións públicas non está garantida se previamente non se garante o acceso ao emprego, para que uns e outros poidan contribuír coas súas achegas a aumentar as arcas públicas e así garantir a prestación duns servizos públicos básicos e de calidade, e na procura desta meta é que debemos estar todos comprometidos.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



