Hoxe no Pleno do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, preguntou á Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana sobre as posibilidades de aumento da cota de captura da pescada no 2012, dada a importancia que ten esta especie desde o punto de vista comercial para a flota galega e, sobre todo, para os portos de Celeiro e Burela.
A Conselleira do Mar confirmou que a orixe do interese do Goberno galego, “radica na elevada importancia socioeconómica que esta pesquería ten en España e especialmente en Galicia, onde os pesqueiros con licenza para estas áreas de pesca xeraron en 2010 un total de 115 millóns de euros e máis de 1.500 empregos directos e 10.000 indirectos. A pescada é unha especie obxectivo fundamental para todas as artes, xa sexan de arrastre, palangre de fondo ou enmalle (volanta), tendo un valor comercial alto, alén dunha importante afectación tamén para a flota de bandeiras de Estados Membros pero de capital español. Amais, a pescada do stock norte veu mellorada a súa situación biolóxica nesta área en función da aplicación do Regulamento (CE) n.º 811/2004 do Consello, de 21 de abril de 2004, polo que se establecen medidas para a recuperación da poboación desta especie, o que permite que ata a propia Comisión Europea, baseándose nos ditames científicos, indiquen unha subida da biomasa”
Rosa Quintana tamén explicou que a “primeira proposta da Comisión para establecer o TAC levaba a unha redución do 11% para o presente ano, estableceuse un debate no que España puxo derriba da mesa un informe do Instituto Español de Oceanografía no que se achegaban datos clarificadores sobre as posibilidades de suba. Así, deuse conta de que o nivel do stock de reproductores no ten deixado de subir desde 1998 e estímase que en 2011 alcance o seu valor histórico máis alto, achegándose ás 140.000 toneladas, sendo esta biomasa a máis alta desde 1978 e posiblemente desde antes. Con todo, a tardanza da achega desta información e das consideracións científicas ao ICES impediron que se tivese en conta, cedéndose, por parte da propia comisaria Damanaki, un compromiso de revisión do TAC en xuño, ao xeito do realizado en outros casos de TAC. Neste senso, desde este Goberno estamos en contacto permanente coa Secretaria Xeral de Pesca para ver a evolución da achega, realizada o pasado 26 de xaneiro, e avaliación desta información a Europa, de xeito que a correcta tramitación e asunción por parte do ICES e do Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca nos permita dispor de maior cota xa para este ano”
Jose Manuel Balseiro preguntou, na réplica a Rosa Quintana, si a Xunta tiña coñecemento do taslado dos informes científicos do Instituto Español de Oceanografía á Comisión Europea xa que eran básicos para que os organismos comunitarios consideran un aumento da cota para 2012 e incrementar así as posibilidades de pesca desta especie. Ao mesmo tempo agradeceu o traballo da Xunta a prol dos intereses do sector pesqueiro galego e no liderado das xestións para que en Europa atendan a unha mellora progresiva dos límites de captura da pescada (merluza).
En resposta a esta pregunta Rosa Quintana explicou:
Primeiro. Que a Comisión sí plasmou o seu compromiso de reconsiderar o TAC da pescada na resolución 4 que di literalmente:
[…] A Comisión recoñece que as últimas enquisas de outono sobre o stock da pescada do norte poden proporcionar datos adicionais que permitirán aos científicos reconsiderar a taxa de mortalidade por pesca constante ao rendemento máximo sostible para esta poboación. A Comisión presentará esta información aos seus órganos de asesoramento científico e revisarán as posibilidades de pesca desta poboación no transcurso de 2012 si un novo ditame sobre a base desa información fose emitido polos seus órganos consultivos. […]
Segundo. Respecto do envío que “efectivamente, foi remitido o pasado día 26 de xaneiro, un día despois de que Carlos Domínguez, tomase posesión do seu cargo e logo de recibir a petición de palabra nese mesmo día da toma de posesión pola miña parte dada a importancia do asunto
Finalmente amosouse convencida de que no Ministerio son sabedores da importancia que para nós ten este asunto e cónstame que así o plasmaron nese inmediato envío. Amais, confiou “no saber facer do secretario general de Pesca e na do seu subdirector xeral de Protección de Recursos Pesqueiros, Enrique de Cárdenas” e asegurou que “en mellores mans non podemos estar”.
Remitido




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



