O Grupo Provincial popular mostra a súa preocupación polo futuro dos traballadores do INLUDES e preguntará no pleno de mañá cómo se levará a cabo a reasignación dos efectivos
Lugo- 23 de abril de 2012.- Logo de que o pasado 30 de marzo se aprobase a proposta de constitución da Comisión Técnica para a disolución do Organismo Autónomo INLUDES e da integración das súas funcións na Deputación Provincial de Lugo, o Grupo provincial popular mostra a súa preocupación polo futuro dos traballadores, polo que preguntará no pleno de mañá, cómo se levará a cabo a resignación dos efectivos e se pode o Presidente do ente provincial, confirmar a reasignación do 100% do cadro de persoal.
Os populares non acaban de entender como, por un lado, a Deputación disolve organimos pero por outro, nembargantes, crea outros entes coma a Empresa provincial de Turismo.
Asegura o partido popular que nun contexto de débeda pública, altos índices de desemprego e escasas noticias positivas no panorama económico, os gobernos do PP adoptan medidas de austeridade e levan a cabo iniciativas de reducción da Administración paralela e de recortes retribuidos entre os directivos destes organismos, e instan aos socialistas a tomar exemplo.
Remitido



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



