A CIG denuncia que na factoría de Alcoa hai traballadores que fan xornadas de 20 horas.
O delegado de prevención e membro da CIG Xosé Paleo denuncia que o pasado mércores día 9 un grupo de 5 traballadores da auxiliar Reymogasa entraron ás 6 da maña para substituír o caixón da cuba na 407A do departamento de electrolises e saíron logo de 20 horas de xornada ás 2 da madrugada do día 10. O sindicalista manifesta que este tipo de xornadas non son casos puntuais entre as auxiliares sobre todo cando hai paradas ou xorden problemas no mantemento.
O delegado de prevención sinala que este tipo de xornadas son altamente perigosas sobre todo cando se está a falar dunha fábrica de aluminio na que se traballa a altas temperaturas e demais condicións ambientais esgotadoras, e lembra que aínda non fai un ano houbo un accidente mortal na factoría no que o accidentado estaba a xornadas de 12 horas sen descansos semanais, tema que xa fora denunciado incluso ante a inspección de traballo pola CIG.
O sindicalista manifesta que levara este tema ao comité central de seguridade que se celebrara o próximo mércores 16 onde reclamará de Alcoa a erradicación de este tipo de xornadas.
A CIG manifesta que Alcoa e coñecedora deste tema e incluso se indica aos traballadores que non fichen á saída cando se dan este tipo de xornadas.