ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA INAGURACIÓN DO XIII ENCONTRO EMPRESARIAL DE ORGANIZACIÓNS PESQUEIRAS
Antonio Veiga insistiu en que “Aínda que estamos na periferia xeográficamente, na toma de decisións temos que estar no centro, e iso só se consegue se hai vontade política”
Neste encontro trataronse temas como os novos retos da PCP, novos escenarios de Comercialización Pesqueira, así como o tema do gaoil
Burela, 11 de maio de 2012. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou na mañá de hoxe na inaguración do XIII Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras, organizado pola Fundación Expomar, na sala de xuntas de ABSA. No acto inagural tamén estiveron José María González Barcia, alcalde de Burela e presidente de Expomar; Pablo Ramón Fernández Asensio, xefe de coordinación da Área do Mar, e Patricia López Eijo, secretaria da Fundación Expomar e delegada do Mar do concello; así como representantes das distintas organizacións participantes.
Na súa intervención, Antonio Veiga dirixiuse ás organizacións participantes “Eu creo que os que vos dedicades a noble arte de producir alimentos, porque aqui non se están producindo cousas intensibles eu creo que todos os que estades aquí estades producindo algo que é básico e necesario para o ser humano, e por iso entendemos que todas as institucións teñen que facer un gran esforzo por atender as vosas demandas. O importante é pensar en clave e de país, e desde logo que non me estou dirixindo só a vós senón tamén a min mesmo na parte política que me corresponde e ás demais organizacións políticas”.
Así mesmo, o vicepresidente da Deputación fixo fincapé en que “Aínda que estamos na periferia xeográficamente, na toma de decisións temos que estar no centro, e iso só se consegue se hai vontade política”
Ao longo da mañá, as distintas asociacións trataron temas tan importantes como os retos da nova Política Pesqueira Común (PCP), analizando alternativas para a fixación das posibilidades de pesca e a súa xestión; o estudo de novos escenarios na Comercialización Pesqueira, coa correspondente valoración dos produtos e subprodutos da Pesca; así como, o tema do gasoil, no que ao abastecemento comunitario a prezos rentables se refire.
Remitido