Deputación e Grupos de Desenvolvemento Rural inician un traballo conxunto para a promoción económica das Reservas da Biosfera
– Gómez Besteiro asinou un convenio cos 6 GDR de Terras do Miño e Ancares para a posta en marcha das estratexias de traballo destes grupos “cos que compartimos a aposta polo desenvolvemento rural para frear a sangría demográfica”
– Con esta acordo, os 24 guías medioambientais da Deputación especializados nas Reservas traballarán cos GDRs na documentación do territorio
– A Deputación continúa facendo do medio ambiente unha oportunidade económica logo de acordar este días a contratación de expertos da USC para catalogar as zonas das Reservas
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e os representantes dos 6 GDR (Grupos de Desenvolvemento Rural) presentes nas Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses asinaron este xoves en San Marcos un convenio co que se inicia unha relación de cooperación encamiñada a potenciar o desenvolvemento e promoción destes espazos protexidos. Gómez Besteiro destacou que “os GDR sitúanse nun lugar preferente para a Deputación porque compartimos a aposta polo desenvolvemento do rural para frear a sangría demográfica”. Antonio Ventura Figueroa, Xerente da Asociación Terras de Lugo, que interviu en representación dos grupos, agradeceu ó Presidente e á institución luguesa a colaboración prestada, así como a participación dos GDR na xestión das Reservas a través dos Órganos de Xestión. “Os GDR somos guías do noso territorio para o seu desenrolo sostible. Os nosos fins e obxectivos encaixan cos que defende a Deputación”, subliñou.
En virtude deste primeiro acordo de colaboración entre ambas entidades, a Deputación poñerá a disposición dos GDR os 24 beneficiarios do programa de bolsas de emprego que a institución luguesa convocou para formar guías especializados nas Reservas. Pola súa banda, o organismo provincial garante que eses 24 guías medioambientais recibirán unha formación práctica útil e de calidade, ó desenvolvela en estreita colaboración e no territorio dos GDR, uns colectivos que levan a cabo “unha labor fundamental para a dinamización socioeconómica do rural e loitar contra a sangría demográfica que padece”, destacou Gómez Besteiro.
O mandatario provincial subliñou que, con este convenio cos Grupos de Desenvolvemento Rural, a Deputación reafirma “a súa aposta por consolidar o medio ambiente como oportunidade económica da provincia e, en particular, daqueles territorios que contan coa declaración de Reserva da Biosfera e que ocupan máis do 50% do territorio lugués”. O Presidente lembrou que, no marco desta mesma aposta pola economía medioambiental, a institución provincial vén de acordar a contratación de expertos da Universidade de Santiago de Compostela para catalogar os espazos que integran as Reservas de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, co fin de poder renovar dita declaración outorgada pola UNESCO e continuar co seu desenvolvemento sostible e económico.
Os 24 beneficiarios do programa de guías medioambientais convocado pola Deputación desenvolverán entre os meses de xuño e setembro actividades culturais, divulgativas e de sensibilización, ademais dunha intenso labor de recompilación de información de intereses sobre Terras do Miño e Os Ancares Lucenses. Todos estes recursos serán postos a disposición dos 6 GDR presentes nas Reservas, o que lles facilitará o deseño e posta en marcha de novos proxectos rurais e económicos, ó dispoñer de documentación ampla e detallada sobre o patrimonio natural, cultural, etnográfico e histórico das súas zonas de acción. De xeito paralelo, a información recompilada polos guías será incorporada de xeito progresivo ó navegador xeográfico www.delugo.org, o Google medioambiental das Reservas da Biosfera, que puxo en marcha a Deputación hai un ano con fondos europeos de Lug02.
Grupos participantes
Ademais de Antonio Ventura Figueroa do GRD-4, participaron no acto: David Díaz Losada, Presidente da Asociación de Desenvolvemento da Comarca da Terra Chá (GDR-2) ; Xosé Manuel López Tellado, Presidente da Asociación Montes e Vales (GDR-3); José Fernández Gómez, Presidente da Asociación de Desenvolvemento Rural Ancares-Courel (GDR-5); Ana Ermida Igrexas, Xerente da Asociación de Desenvolvemento da Comarca da Mariña (GDR-1); e Carlos Nieto Pérez, Xerente da Asociación Os Sete Castro (GDR-6). O Presidente destacou que a Deputación “esperamos contaxiar o ánimo de cooperar con estes colectivos a outras administracións como a Xunta de Galicia”.
Os Grupos de Desenvolvemento Rural están formados por entidades representativas de diferentes ámbitos: sectores agrario, gandeiro e forestal; asociacións de mulleres; asuntos sociais; colectivos xuvenís; entidades deportivas e recreativas; asociacións veciñais e culturais; entidades empresariais e institucionais, entre outras, que se constitúen en mesas sectorais, as cales levan a cabo todo tipo de iniciativas encamiñadas á posta en valor dos recursos dispoñibles no rural para dinamizar o socioeconomicamente e loitar contra o despoboamento. Algunha destas iniciativas son, por exemplo, o impulso de rutas de sendeirismo, feiras sectoriais e de promoción de produtos autóctonos, ou o papel que desempeñan como puntos de información nos que se ofrece asesoramento e apoio en trámites administrativos para todos os colectivos presentes no rural. Son, polo tanto, axentes activos que aglutinan o traballo de centos de asociacións que traballan en prol do desenvolvemento galego. En Galicia hai un total de 31 Grupos de Desenvolvemento Rural, que aglutinan preto de 4.000 asociacións; destes, 8 Grupos e preto de 120 asociacións circunscríbense á provincia de Lugo.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



