AS CONSELLERÍAS DE ECONOMÍA E INDUSTRIA E DO MEDIO RURAL E DO MAR POÑEN EN MARCHA UN PROXECTO PILOTO DE ILUMINACIÓN EXTERIOR PARA PROMOVER A EFICIENCIA ENERXÉTICA NO PORTO DE CELEIRO
A substitución de luminarias permitirá un aforro de ata o 55% no consumo enerxético na zona incluída no estudo
O consumo pasará de 50.000 kWh/ano a pouco máis de 22.500 kWh/ano, o que suporá un aforro de preto de 3.300 euros anuais na factura
Evitarase a emisión á atmosfera de 9.370 kg de CO2, cifra equivalente á plantación de 470 árbores
Viveiro, 3 de maio de 2012.- As consellerías de Economía e Industria e do Medio Rural e do Mar desenvolverán no Porto de Celeiro un proxecto piloto de iluminación pública exterior co que se promove a eficiencia enerxética da zona portuaria substituíndo as luminarias por outras máis eficientes, cun menor consumo, un custo de mantemento inferior, e unha mellor conservación ambiental. Así, a substitución destas lámpadas permitirá diminuír o consumo enerxético e, polo tanto, tamén o económico, na zona incluída no estudo ata nun 55%, segundo cálculos do Inega.
A actuación, que se desenvolverá ao abeiro do acordo de colaboración que esta mañá presentaron en Celeiro Eliseo Diéguez, director do Instituto Enerxético de Galicia (Inega), e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, levarase a cabo nos viais da zona sur próximos á lonxa.
Comprende a substitución de 63 luminarias convencionais por outras tipo LED que, dada a súa maior eficiencia, se poden regular en potencia e intensidade, reducindo o número de horas de uso. Isto, sumado ao seu menor consumo, traducirase nun aforro enerxético que permitirá pasar dos case 50.000 kWh/ano a pouco máis de 22.500 kWh/ano. Deste xeito, o Porto de Celeiro aforrará preto de 3.300 euros ao ano na factura, dos case 6.000 euros que abona actualmente. Ademais, espérase acadar un aforro anual de 475 euros no mantemento das instalacións. Así mesmo, a acción suporá una redución das emisión á atmosfera de de 9.370 kg de CO2 ao ano, cifra equivalente á plantación de 470 árbores.
O proxecto, que será desenvolvido pola empresa Tecno Solydi, conta cun orzamento total de 50.000 euros. Ademais da substitución das lámpadas por outras máis eficientes, a actuación comprende a instalación dun sistema de telexestión e dun control remoto en tempo real do consumo do alumeado.
Este proxecto únese a outros estudos e accións desenvolvidos por ambas consellerías para a implantación de medidas de aforro e eficiencia nas instalacións e actividades portuarias. Así, e grazas a colaboración entre Portos de Galicia e o Inega, no que vai de lexislatura téñense realizado estudos de viabilidade para a implantación de redes de recarga de vehículos eléctricos e para a implantación de plantas de coxeración – trixeración nos portos propiedade do ente autonómico, e desenvolvéronse auditorías enerxéticas nas diferentes iluminacións públicas no propio porto de Celeiro, en Ribeira e no Grove.
Remitido

























As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.



