LETRAS GALEGAS
Dende que no ano 1963, por iniciativa do ilustre mariñán don Francisco Fernández del Riego a Real Academia Galega dispuxo a celebración dun Día dedicado á exaltación da cultura galega, e nomeadamente á língua, coa homenaxe a un persoeiro das nosas letras, a sociedade galega é fiel a tal consigna, e así o fixo onte, día 17 de maio, data sinalada no calendario a tal fin por coincidir coa publicación, en 1863, do libro de Rosalía de Castro “Cantares Gallegos” que historicamente significa o punto de partida do rexurdimento da cultura galega.
Nesa celebración, como non podía ser doutro xeito, participaron a grande maioría dos pobos da Mariña: con mais ou menos actividades; con maior ou menor entusiasmo, mais ou menos convencidos os seus promotores do interese da razón de ser de tal efeméride. Do variado programa que ó longo da bisbarra se ofrecía para disfrutar dos mesmos este cronista optou por achegarse a Cervo onde se anunciaba unha velada poético- musical que despertou o noso interese. No amplo e confortable salón de actos do concello asistimos a un entrañable acto que organizaban Airiños do Xunco, un histórico mariñán no labor divulgador da cultura da música e a danza galegas e o dueto Maika e Joani. Presentado o festival por Pablo Mosquera, presidente de Os Aventados, entusiasta e incombustible animador da actividade cultural da bisbarra, que fixo unha semblanza de Valentín Paz Andrade, persoeiro homenaxeado, do que leo uns poemas; o grupo de danza e pandereiteiras de Airiños do Xunco, coa donosura da que en tódalas actuación fan gala, puxeron a mais leda nota na celebración que tivo o broche de ouro coa intervención do dúo que, confesámolo, sorprendeunos tanto como nos entusiasmou coa interpretación dun repertorio tan variado como selecto, no que fundamentalmente cantaron poemas musicados dos grandes vates da nosa terra: Curros Enriquez, Celso Emilio Ferreiro, Rosalía de Castro ou Alvaro Cunqueiro, que foron obxecto dos entusiastas aplausos dos asistentes. O dito: un acto entrañable e moi digno polo que felicitamos ós seus organizadores: o grupo Airiños do Xunco, Os Aventados e o concello de Cervo.



















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



