A Deputación denuncia que o mapa xudicial do PP suporá “menos servizos públicos e máis gastos” ós cidadáns
– A proposta de Besteiro, o Goberno Provincial aproba unha declaración na que rexeita a supresión de xulgados lucenses e coa que insta a Feijóo a intervir no proceso de definición das sedes xudiciais tal e como xa lle demandou a FEGAMP ó Presidente galego
– Máis gastos, menos dereitos e servizos públicos, xustiza para ricos, destrución de emprego e incremento do despoboamento son as “consecuencias irreversibles” da proposta do Partido Popular
– Martínez subliña que o proxecto do PP, que recorta de 9 a 2 os xulgados na provincia, presenta contradicións porque en Lugo sobrepasaríanse os 100.000 habitantes por demarcación xudicial e non se contarían con 8 xuíces como mínimo nin sumando os de Vilalba, Mondoñedo e Viveiro
A Xunta de Goberno aprobou este vernes unha declaración institucional proposta polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, para instar á Xunta de Galicia a intervir no proceso de modificación da Lei de Demarcación e Plan Xudicial que está a levar a cabo o Executivo Central e o Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX). O Goberno Provincial esíxelle ó Presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, que defenda os criterios de distribución poboacional e de necesidade de proximidade, así como a anulación do incremento das taxas, “ante as consecuencias irreversibles” que supón o proxecto dos populares.
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, salientou que “o mapa xudicial que propón o Partido Popular require de movilización urxente porque é unha clara agresión ós dereitos e servizos públicos dos cidadáns. Feijóo non pode seguir calado ante as consecuencias irreversibles deste proxecto que supón unha verdadeira involución da Xustiza ó reducir o número de partidos xudiciais mesmo a niveis inferiores ós que existían no momento de aprobarse a vixente lei de demarcación de Planta Xudicial de 1987. Diversos Concellos da provincia xa rexeitaron rotundamente a proposta propiciada polo Goberno Central. Ademais, a FEGAMP tamén pide á Xunta que participe na reforma da Planta Xudicial para evitar a redución dos partidos xudiciais”.
Pola súa banda, o voceiro do BNG, Mario Outeiro, destacou que “unha vez que o PP lanza unha proposta estamos en perigo xa que, como ten demostrado noutras ocasións, logo non busca o consenso senón que impón. Isto require dunha resposta por parte da cidadanía. Mentres durante anos se falou da necesidade doutro xulgado en Sarria ou dun en Ribadeo debido a masificación do servizo, o PP rompe con esta tendencia, tendo en conta só criterios numéricos sen futuro. A Xustiza non require de recortes senón de investimentos”.
O informe en datos
O informe aprobado polo CXPX plantexa reducir á metade os 431 servizos xudiciais que hai en España. Galicia será será a autonomía máis perxudicada coa redución de 45 a só a 13 o número de demarcacións xudiciais. Este descenso, do 71% é o máis importante no conxunto das 17 Comunidades. A nova distribución implicaría que A Coruña pasaría de ter 14 partidos xudiciais a tan só 4; mentres que Lugo e Ourense baixarían de 9 a 2, e Pontevedra vería diminuídos os 13 partidos actuais a 5. Deste xeito, na provincia lucense, Mondoñedo, Vilalba e Viveiro formarían un só partido xudicial; e o segundo integraríano Lugo, A Fonsagrada, Becerreá, Sarria, Chantada e Monforte. Ademais, o novo mapa xudicial irá acompañado tamén dunha importante modificación nos rexistros civís. Galicia conta na actualidade con 315, un en cada municipio, pero nun fututro no moi lonxano esta cifra reducirase a menos dunha decena, tal e como manifestou o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda. Desta cifra dedúcese que os rexistros pasarán a estar situados nas urbes galegas e nalgunha cabeceira de comarca alexada das grandes cidades, como podería ser o norte de Lugo ou a zona oriental de Ourense.
Consecuencias
1º.- MÁIS GASTOS ÓS CIDADÁNS. Para reducir gastos, o informe propón eliminar cabeceiras xudiciais e aglutinalas con outras ata que cada unha das resultantes sumen polo menos 100.000 habitantes, a fin de que o desprazamento dende os núcleos á cabeceira non exceda unha hora. Profesionais do mundo xurídico manifestaron publicamente que a reforma non supón un aforro real de custes, xa que calquera cidadán verase na obriga de desprazarse a Lugo para presentar unha demanda, o que xerará uns gastos de desprazamento que ata o de agora non existen. É dicir, o gasto trasládase ó cidadán.
2.-MENOS DEREITOS E SERVIZOS PÚBLICOS. Con esta postura do Partido Popular e do CXPX pérdese o sentido da xustiza como un dereito e como un servizo público e ráchase co principio xudicial de tutela xudicial efectiva recollido na Constitución. Achegar a xustiza ós cidadáns é un deber. Por tanto, se se alonxan os xulgados, alónxase a xustiza.
3.-XUSTIZA PARA RICOS. Coa nova redistribución, o PP establece un sistema real de acceso á xustiza só para persoas con capacidade económica alta, privando a aqueles que non dispoñan dunha situación desafogada da interposición de reclamacións xudiciais en defensa dos seus dereitos ou intereses, pois o reparto inclúe, ademais, un incremento nas taxas polo servizo prestado cun claro fin recadatorio. Por exemplo, reclamar unha neglixencia médica suporá un desembolso de 350 euros; nos procedementos laborais, un traballador/a que queira recurrir unha sentenza por despido o prezo ascenderá a 500 euros; nos contencioso-administrativos como recurrir unha multa de tráfico, a cantidade a desembolsar será de 200 euros, ou nos procedementos civís ordinarios, como é a reclamación dunha débeda superiror a 6.000 euros, haberá que aboar 300 euros. Isto evidencia que a xustiza non só pasará a ser máis lenta, senón tamén moito máis cara.
4.-DESTRUCIÓN DE EMPREGO. O emprego sería outro dos afectados, pois pecharían despachos de avogados e de servizos xurídicos, ou asesorías, de tal xeito que a súa existencia quedaría reducida ás localidades onde quedan os xulgados.
5.-MÁIS DESPOBOAMENTO. Martínez subliñou que “unha cousa é a política de papel da Xunta e outra a realidade. O Goberno galego fala de levar os servizos as cabeceiras de Comarca e na práctica fai todo o contrario. Eliminando xulgados favorece o despoboamento demográfico xa que cantos menos servizos públicos, menos emprego e, polo tanto, menos xente. O rural e, principalmente, a Montaña será a gran afectada. A ver que fai A Fonsagrada ou Becerreá se lle quitan todas as prestacións”.
Contradicións
O voceiro socialista tamén apuntou varias contradicións do informe dos populares na provincia ó respecto do número de habitantes por partido xudicial e de xuíces. “O criterio de que cada partido xudicial teña a lo menos 100.000 habitantes conduce a solucións pouco eficaces. O propio mapa da proposta do CXPX contradí esta norma porque se sumamos os partidos xudiciais de Chantada, Monforte e Sarria xa sobrepasaríamos dita cifra”. Por outra banda, a idea que se manexa é que haxa un mínimo de oito xuíces por cada xulgado tampouco se cumpriría. No caso de Lugo, nin sequera sumando os de Vilalba, Mondoñedo e Viveiro, que en total son 6.
Por todo o exposto anteriormente -consecuencias e contradicións- o Goberno Provincial sentencia que en Galicia, e máis concretamente en Lugo, as distancias non se poden simplificar a cuantificarse en quilómetros, xa que criterios singulares da provincia como os demográficos, de dispersión poboacional, socioeconómicos… fan que a supresión destes partidos xudiciais, e polo tanto de xulgados, sexa un grave erro político que repercutirá moi negativamente na cidadanía.























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



