GONZÁLEZ BARCIA RATIFICOU ANTE PROFESIONAIS DA SANIDADE O COMPROMISO DO CONCELLO POLA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL. O REXEDOR ACUDIU Á CLAUSURA DA XORNADA INTERNACIONAL DE ENFERMERÍA QUE SE CELEBROU NO CENTRO.
Burela, 14 de maio de 2012. O alcalde, José María González Barcia, participou no acto de clausura da xornada internacional de enfermería que se desenvolvou no Hospital da Costa en Burela. O rexedor ratificou diante dos profesionais da sanidade o compromiso do Concello pola ampliación do centro.
O rexedor destacou “a importancia da celebración aquí en Burela desta xornada internacional de enfermería, que todos os anos rota entre os tres hospitais da provincia de Lugo. É bó para os profesionais, pero tamén para os pacientes que se fagan este tipo de actividades”. E tamén aludiu á importancia que ten para Burela e para a comarca da Mariña o Hospital da Costa como prestación sanitaria en sí mesma e como elemento dinamizador socioeconómico, “o hospital foi un logro moi importante no seu momento, dado que se trata de achegar os medios para preservar a saúde dos cidadáns e o hospital se ten convertido nun lugar emblemático e de referencia para todos os mariñanos, porque por aí pasamos todos, por desgracia, e porque quizás sexa unha das institucións mellor e máis valorada por todos os cidadáns. Para Burela representa moito porque ademáis de ter unha institución sanitaria tan importante, é innegable que o propio movemento que xenera o hospital ten beneficiado de forma notable a Burela”.
González Barcia indicou que “desde o Concello nós somos sensibles ás necesidades que ten o hospital. De feito todos os directores que teñen pasado polo centro teñen contado co Concello para facer valer as súas demandas ante a administración autonómica. E no caso que nos atañe neste momento actual no que estamos a elaborar o PXOM, o Concello fai unha aposta importante e decidida pola ampliación do hospital, xa que pon a disposición desta ampliación 60.000 metros cadrados adicionais ós xa existentes”. O alcalde de Burela considera que “non tiña moito sentido o que se estaba a facer ata hai uns meses de estar falando dunha posible ampliación senón había posibilidades reais de facela, para facer unha ampliación hai que ter espacio. Eu creo que é importante neste momento en que estamos de elaboración do PXOM, facerlles chegar aos profesionais sanitarios do hospital o compromiso que ten o Concello de Burela e o equipo de goberno coa ampliación do hospital e o paso previo pasa por considerar solo adicional no PXOM para esta ampliacións”. No acto desta mañá González Barica lembrou que “a ampliación realizada no 2001 e que supuxo unha inversión de 3 millóns de euros, foi a única ampliación física do edificio do hospital e contou co impulso do equipo de goberno daquel momento”.
RAQUEL ARIAS SUBLIÑA O CARÁCTER “MULTIDISCIPLINAR DA PROFESIÓN DE ENFERMARÍA” QUE ACHEGA “CALIDADE E CONTINUIDADE Á PRESTACIÓN ASISTENCIAL”
A delegada territorial clausurou a xornada do Día Internacional da Enfermaría, celebrada no Hospital da Costa e incidiu no “compromiso do Goberno galego por manter e mellorar os servizos públicos esenciais”
Explicou que o catálogo de medicamentos logrou que “o gasto farmacéutico descendera o ano pasado en 102 millóns de euros, cartos que son utilizados para seguir ofrecendo unha sanidade pública de calidade”
Gabou “a profesionalidade” e “a calidade humana” coa que desempeña o seu traballo o persoal de enfermaría en todos os ámbitos
Lugo, 14 de maio de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, clausurou hoxe a xornada celebrada no Hospital da Costa con motivo do Día Internacional da Enfermaría, un acto no que manifestou o imprescindible papel que xoga o colectivo á hora de achegar “calidade e continuidade á prestación asistencial” dado o carácter “multidisciplinar” da profesión.
Arias subliñou que o sistema sanitario require da actuación interdisciplinar e coordinada dos diferentes ámbitos en aras de garantir a continuidade asistencial, “operando tanto dende unha perspectiva preventiva como asistencial e rehabilitadora”, e destacou a implicación do persoal de enfermaría en todos estes ámbitos.
A delegada incidiu no “compromiso do Goberno galego por manter e mellorar os servizos públicos esenciais” apostando “por ampliar e modernizar o Servizo Galego de Saúde e por actualizar as infraestruturas de Atención Primaria” ao tempo que se persegue a optimización da utilización dos recursos públicos.
Así, lembrou que a posta en marcha do catálogo de medicamentos posibilitou que no último ano -dende a súa posta en marcha en febreiro do 2011- “se aforren en Galicia 300.000 euros diarios en gasto farmacéutico”. Isto significa, explicou, que “o gasto farmacéutico descendeu o ano pasado en 102 millóns de euros, cartos que son utilizados para seguir ofrecendo unha sanidade pública de calidade”.
Arias gabou a profesionalidade coa que os enfermeiros e enfermeiras desempeñan as súas tarefas e “a calidade humana” que achegan aos procesos, “tanto asumindo tarefas de información e prevención, aplicando os tratamentos, como encargándose do seguimento da enfermidade ou practicando coidados paliativos”.
Ao respecto, aludiu ao “elevado número de competencias” que asume o persoal de enfermaría e valorou como “un importante avance a introdución de especialidades nas escolas de enfermaría así como a transformación da diplomatura en grado”.
A xornada con motivo do Día Internacional da Enfermaría está organizada polo Colexio Oficial de Enfermaría de Lugo coa colaboración da Xerencia de Atención Primaria así como dos hospitais de Lugo, Monforte e Burela. O acto celébrase cada ano nun centro hospitalario da provincia.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



