Veiga denuncia que as novas taxas xudiciais deixan en papel mollado a tutela xudicial efectiva
O BNG insta a Xunta a que manteña os xulgados de Viveiro e Mondoñedo.
O Bloque Nacionalista Galego anunciou que presentara no conxunto das corporacións da Mariña unha iniciativa na que expresa o seu rexeitamento a proposta de modificación que se están preparando no Goberno e no Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) da Lei de Demarcación e Planta Xudicial e que podería provocar a desaparición dos Xulgados de Viveiro e de Mondoñedo. Na mesma liña os nacionalistas que demandan unha resposta social contundente que paralice a proposta do executivo, esixen da Xunta de Galiza unha oposición profunda a esta reforma, posto que a posición da comunidade Autónoma é vinculante, polo que da súa decisión depende a desaparición de sete xulgados en Lugo.
Segundo o Portavoz Comarcal do BNG, Antonio Veiga, “estamos diante dunha proposta trampa posto que os criterios que fixa o PP na proposta de reforma chocan coa súa formulación práctica. Así, o criterio de que cada partido xudicial teña alomenos 100.000 habitantes contradí esta norma porque se sumamos os partidos xudiciais de Chantada, Monforte e Sarria xa sobrepasaríamos esta cifra ou a proposta de que que haxa un mínimo de oito xuíces por cada xulgado tampouco se cumpriría no caso de Lugo, nin sequera sumando os de Vilalba, Mondoñedo e Viveiro, que en total son 6”. “Non so estamos alonxando a xustiza dos cidadáns”, indicou Veiga “ senón que a decisión afectaría directamente ao emprego e actividade económica de determinadas vilas que hoxe acollen as sedes xudiciais senón tamén as súas comarcas de influencia. E o que é máis grave, pérdese o sentido da xustiza como un dereito e como un servizo público e ráchase co principio xudicial de tutela xudicial efectiva recollido na Constitución. Achegar a xustiza ós cidadáns é un deber. Por tanto, se se alonxan os xulgados, alónxase a xustiza.”
Na mesma liña Veiga destacou que “ coa nova redistribución, o PP establece un sistema real de acceso á xustiza só para persoas con capacidade económica alta, privando a aqueles que non dispoñan dunha situación desafogada da interposición de reclamacións xudiciais en defensa dos seus dereitos ou intereses, pois o reparto inclúe, ademais, un incremento nas taxas polo servizo prestado cun claro fin recadatorio. Por exemplo, reclamar unha neglixencia médica suporá un desembolso de 350 euros; nos procedementos laborais, un traballador/a que queira recorrer unha sentenza por despido o prezo ascenderá a 500 euros; nos contencioso-administrativos como recorrer unha multa de tráfico, a cantidade a desembolsar será de 200 euros, ou nos procedementos civís ordinarios, como é a reclamación dunha débeda superior a 6.000 euros, haberá que aboar 300 euros. Isto evidencia que a xustiza non só pasará a ser máis lenta, senón tamén moito máis cara”.
O Responsábel Portavoz Comarcal do BNG denunciou que “estamos diante dun ataque máis a nosa comarca e ás maiorías sociais. O PP utiliza a crise como coartada para aumentar as fendas territoriais e as desigualdades sociais e no caso de que esta reforma fose adiante non só lle estaríamos asentando a un duro golpe a vilas como Mondoñedo ou Viveiro senón que estaríamos retrocedendo no tempo, na medida que significaría camiñar na centralización de servizos. Ademais implicaría un maior colapso da administración de xustiza, nos temos claro que o camiño a percorrer e diametralmente oposto até o punto de que o que se precisa é dotar de máis medios aos xulgados existentes e aumentar a oferta xudicial na Comarca. Non é de recibo que a día de hoxe non dispoña dunha sala do social ou dunha sala do contencioso administrativo”.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



