O CONCELLO DESTINA NESTE EXERCIZO PRETO DE 200.000 EUROS MÁIS QUE O ANO PASADO AOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS. DIANA DURÁN ASEGURA QUE “APOSTAMOS DECIDIDAMENTE POLOS NOSOS MAIORES E POLA XENTE QUE NOS NECESITA”.
Burela, 26 de maio de 2012. O Concello destina neste 2012 preto de 200.000 euros máis que o ano pasado ao servizos sociais comunitarios. Neste apartado están incluídos o concepto de mantemento e a axuda no fogar, tanto a atención básica coma a dependencia.
O presuposto dos servizos sociais comunitarios para este ano ascende a 601.101,18 euros, arredor de 186.000 euros máis que no 2011, segundo os datos facilitados pola concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán. Ese departamento conta con dúas traballadoras sociais e unha educadora familiar “e inclúe o concepto de mantemento dos servizos sociais comunitarios e a axuda no fogar, tanto a atención básica coma a dependencia”. A edil popular indica que “aí está implícita a xestión dos programas de atención temperá, emerxencia social, prevención da dependencia, ximnasia preventiva e fisioterapia, educación e sensibilización sociocomunitaria e tamén diagnóstico social participativo”.
Ao ano o servizo de atención temperá, que ten carácter comarcal e no que traballan dúas persoas licenciadas, supón un desembolso de 63.867,90 euros. A emerxencia social destínanse 6.000 euros. Prevención da dependencia, que inclúe os programas Dalle vida aos teus anos e Apoio á dependencia, conta cun orzamento de 23.200 euros. Á ximnasia preventiva e fisioterapia destínanse 24.700 euros. Educación e sensibilización sociocomunitaria, é decir a educación maternal e as actividades específicas de muller contan cun presuposto de 36.811,23 euros. E o diagnóstico social participativo (colectivos con necesidades específicas) supón un gasto de 30.000 euros anuais.
Diana Durán explica que “dos 601.101,18 euros do orzamento total dos servizos sociais comunitarios, solicítanse á Xunta un total de 428.301,29 euros, e a outras fontes de financiamento, como por exemplo á Deputación Provincial de Lugo, demandámoslle 74.394,64 euros para axuda no fogar, ximnasita preventiva e fisioterapia. E solicitamos á Xunta outros 11.464 euros con cargo á subvención de abandono escolar. E o Concello destina de fondos propios aos servizos sociais comunitarios 86.940,75 euros”. A concelleira que dirixe este departamento asegura que “nestes tempos difíciles nos que a todos nos toca apretar o cinto non podemos baixar a garda nos servizos sociais e apostamos decididamente pola atención aos nosos maiores, á xente con necesidades específicas, á xente nunha situación de emerxencia social… de aí que neste 2012 ampliásemos o noso presuposto”.
Durán adiantou que “o Concello de Burela xa recibiu da Xunta o anticipo das axudas para servizos sociais, cinco meses antes que no ano anterior. Recibimos xa o 50% do custe das dúas traballadoras sociais e o primeiro trimestre da axuda no fogar a persoas dependentes. Estamos a falar dunha cantidade que supera os 40.000 euros”. A concelleira popular lembrou que “en anos anteriores os concellos comezaban a cobrar estar axudas no mes de outubro, máis ou menos, polo que esta axilización permite ás entidades locais mellorar a súa situación financieira con respecto á prestación dos servizos sociais. Esto prodúcese grazas ao novo decreto de servizos sociais comunitarios posto en marcha pola Xunta a principios deste ano, no que se establecía o pago nos primeiros meses do ano por ditos conceptos, algo que alivia a situación actual dos concellos”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



