11/05/2012. O 1º Festival-concurso de Jazz “Villa de Foz” arrancou no salón da Casa de Cultura de Foz coa súa presentación oficial o día de hoxe, onde os seus organizadores acompañados polo Alcade de Foz, desgranaron o calendario e obxetivos da inicitiva cultural.
Un grupo de emprendedores locais, empresarios, hosteleiros, músicos, afeccionados e amantes do Jazz, decidiron coa colaboración de patrocinadores locais e o propio Concello de Foz, Deputación Provincial, e a Acia, iniciar o primeiro Festival-concurso de Jazz “Villa de Foz”.
As fechas de dito Festival, que se dividirá en 2 fines de semana, os dous últimos do mes de Xullo, é decir os días 20 e 21 e o 27 e 28 son un dos atractivos do propio evento, posto que o que se pretende e congregar unha grande afluencia de afeccionados ao xénero, no mellor dos escenarios, a praza Conde de Fontao, e para elo, que mellores fechas que as Noites de Verán do mes de xullo, en plena temporada estival.
Os organizadores apostan polo Jazz coma un dos formatos musicais que máis valores transmiten, de gran destreza técnica, e moi apreciada sobre todo cando se escoita en directo e ao aire libre, onde se pretende que 16 agrupacións fagan disfrutar aos presentes nun entorno espectacular ao lado do perirao, entre xardines e ao abeiro da propia Igrexa aos pes da zona antiga de Foz.
Dirixido para todos os públicos, especialmente os amantes da boa música, aberto a calquera franxa de idade , e gratituito con un gran obxetivo, a difusión da música de calidade e sensible, nun concello que de por sí sempre tivo a música como referencia socio cultural e que forma parte xa da idiosincrasia e o proio carácter da xente local.
Outro dos obxetivos e a propia promoción turística da localidade mariñan, ofrecendo a vecinos e turistas una oferta de ocio de calidade durante o verán de Foz, que dende fai tempo se convirte nun dos centros de atracción turística da bisbarra, sendo a día de hoxe o sector productivo principal da Localidade.
Por outro lado , O Alcalde Javier Castiñeira, veu con moi bos ollos a iniciativa destes emprendedores focenses, dende o primeiro día que llo comunicaron a él e máis a responsable de cultura, Merchi González, fai uns meses, cando todo isto ainda se estaba cociñando.
A idea de crear un festival de música de calidade, en pleno verán na Praza Conde de Fontao, pola noite, cos xardíns e o mar como fondo de escenario é unha excelente noticia, porque reúne todos os requisitos para ter o éxito que se lle presume, e así iniciar unha larga andadura neste seu primeiro ano, que deixe bo sabor de boca para futuras edicións.
O Rexedor felicita a valentía dos organizadores, e da as gracias aos patrocinadoresadores por confiar na localidade para organizar este evento, nun momento tan dificil para os emprendedores, onde se ve a raza e calidade das persoas para sacar cousas interesantes para o pobo fronte aos obstaculos que xenera a crise económica.