O grupo municipal do PsdeG -PSOE de Burela presenta alegacións o plan xeral de ordenación municipal proposto polo actual grupo de goberno do PP.
O grupo socialista trata de aportar melloras de interés xeral para que sexan aplicadas no documento definitivo. Burela ten unhas particularidades que condicionan moito a súa estrutura e crecemento global: O trazado da autovía Barreiros-S.Cibrao, FEVE, variante, costas e, sobre todo, as dimensións de 8 quilómetros cadrados que ten o concello.
A hora de propoñer un proxecto de ordenación hai que ter en conta as singularidades indicadas e actuar procurando minimizar as consecuencias negativas. Por todo isto o grupo socialista propón, entre outras, as seguintes alegacións:
1.- Adecuar o trazado da autovía Barreiros-S.Cibrao a opción que discorre ao sur do noso territorio e que foi defendida polo concello de Burela como única viable e desexable para o noso pobo.
2.- Limpeza de lodos no encoro de Rúa. No plan xeral non se contempla esta posibilidade e consideramos que é fundamental para garantir o abastecemento de auga ao noso concello nas mellores condicións. As variables climáticas e aforro enerxético tamén avalan esta actuación.
3.- Cambio de ubicación da nova EDAR. No plan xeral contemplase a instalación dunha estación depuradora en terreos portuarios de uso comercial-industrial. Hai tempo que nesa zona está previsto, segundo o plan director correspondente, a instalación dun porto deportivo que agrandaría as posibilidades económicas e sociais de Burela. A colocación da EDAR condiciona este crecemento. Outra cuestión a ter en conta para reubicar a estación depuradora é que hai acordo plenario en considerar zona xeolóxica de especial interese local a espazos adxacentes aos da ubicación.
4.- Mais espazo dotacional na zona da Marosa. Consideramos importante a negociación con responsables da Xunta para acadar acordos que permitan instalacións deportivas cubertas nos terreos que o concello ten nesa zona. Hai que ter en conta que se ceden espazos na zona do Cantiño por imperativo da ordenación do litoral. Pedirase a Xunta que amose o proxecto das novas instalacións hospitalarias que xustifiquen o terreo dotacional que se indica na proposta do plan xeral.
5.- Erros na redacción do plan. Hai contradicións e incoherencias entre o que se define e o que se aplica. Por exemplo nos espazos de especial protección como poden ser zonas castrexas.
6.- Revisións do modelo urbanístico. Proposta de aplicación.
Remitido