Este xoves, día 17 de maio, emítese na Radio Valadouro un programa de Parolando cuxo coloquio final dedícase ó Día das Letras Galegas. Durante o programa entrevistouse a Almudena Cuadrado (cantante alfocense de Bacoi que deu un concerto en Alfoz o pasado domingo día 13) e a Pilar López, técnica de Cultura de Foz, que informou sobre a próxima cita coa romaría do Bispo Santo e outros actos culturais organizados no concello; tamén estivo nesta entrevista o coñecido músico de Alfoz afincado en Foz Arcadio Mon.
Na segunda parte do programa, a do coloquio, falouse sobre o emprego do idioma galego no mundo dos negocios e do comercio. Asistiron a este coloquio o profesor de Lingua Galega do Instituto Perdouro de Burela, Bernardo Penabade, e dous empresarios locais: Eduardo Rega (de Carrocerías Irmáns Rega, en Alfoz) e María Hermida (Directora do Hotel Vila do Val, en Ferreira do Valadouro).
Na primeira das fotos pódese ver ás persoas entrevistadas na primeira parte do programa, mentres que na segunda foto vemos un momento do coloquio, cos invitados ó mesmo.
