Este venres, ás 20:00 no IES de Foz, terán lugar as III Xornadas de Portas Abertas para dar a coñecer os estudos que oferta o centro na modalidade de adultos. Ao remate haberá uns petiscos. O acto está organizado polo Departamento de Hostalería. Na cociña colaboran os alumnos do Ciclo Medio de Cociña de Adultos e no comedor os alumnos do Ciclo Medio de Servizos de Restauración.
Xornadas de portas abertas do IES de Foz
Xornadas de portas abertas do IES de Foz
Relacionado
-
Este Domingo, 14 de setembro ás 20:00h, na Igrexa de San Francisco de Viveiro celebrarase a Festividade da Exaltación da Santa Cruz en memoria dos Confrades e Irmáns defuntos
-
A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López, participou este venres xunto ao Alcalde do Concello de Xermade, Roberto García, na XX Festa das Persoas Maiores, que se celebrou ao longo de toda a xornada neste municipio da Terra Chá
-
A III Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía organizada pola Asociación de Veciños de Ribeiras do Lea, en Castro de Rei, celebrarase este sábado