O sábado, día 23 de xuño, a partir das 18.00 h (seis da tarde), nos arredores do Local Social de Trasbar, está previsto realizar unha pancetada/chourizada, así como a elaboración dunha fogueira, que se prenderá para que todos os presentes “saltemos o lumiño de San Xoán”. A esta xuntanza, poderán asistir socios/as e non socios/as, establecéndose, como é lóxico, dous prezos distintos para a ración de panceta (2 euros para socios e 3 euros para non socios) e a ración de chourizo (1,5 euros para socios e 2,5 euros para non socios). A comida comezarase a repartir ás 20.00 h (oito da tarde), pero antes podes dar un paseo (monta e carreta) nos cabalos que teremos á vosa disposición grazas á colaboración de Óscar Díaz. Agardamos que esta actividade sexa do teu agrado e que te animes a participar. Esperámoste!!























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



