O Dúo Rosas ofrecerá un concerto o vindeiro domingo, 17 de xuño, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partires das 19 horas. Os intérpretes son Julia Mª Dopico Vale á bandurria e Pedro Fidel Gómez á guitarra, que contarán coa colaboración para a lectura poética de José Luis Mera. A música popular galega e de autor, en versión para os instrumentos de bandurria e guitarra encherá o centro sociocultural de San Cosme o domingo. A estrea desta montaxe audiovisual e musical leva por nome Rosas para Galicia. O acto está organizado pola Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



