RAQUEL ARIAS PRESENTA UNHA CAMPAÑA DE IDENTIFICACIÓN E PROMOCIÓN DO BONITO DO NORTE GALEGO, “QUE COMBINA VALORES NUTRICIONAIS PARA O CONSUMIDOR E ECONÓMICOS PARA O SECTOR”
A delegada territorial da Xunta mostrou as etiquetas identificadoras e o material promocional da nova edición de “Faino Bonito” no porto de Burela, que achega o maior volume de capturas de Galicia
Arias explicou que “cada peza que sae das lonxas galegas ten un precinto de garantía” para que os consumidores “coñezan a procedencia e os valores deste produto pescado con artes tradicionais
Burela, 26 de xuño de 2012.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presentou hoxe no porto de Burela a nova edición da campaña Faino Bonito, que este ano distribuirá nos puntos de venda preto de 63.000 folletos e carteis, e deixará nas principais lonxas galegas de descarga de bonito do norte 380.000 precintos para identificar o produto.
Raquel Arias explicou que a campaña, que promove a Consellería do Medio Rural e do Mar, ten por obxecto “fomentar o consumo de bonito do norte fresco agora que nos atopamos en plena campaña de capturas” xa que, engadiu, este produto “combina valores nutricionais e culinarios para o consumidor e valores económicos para o sector pesqueiro”.
Ao respecto, lembrou que a lonxa de Burela é a que presenta un maior volume de descargas de bonito de norte –segundo as campañas, pode roldar o 70% do total-, seguida polas de A Coruña, Celeiro e Vigo, por esta orde.
Os portos galegos descargaron a pasada campaña 1,6 millóns de quilos de bonito do norte, que xeraron un movemento económico de 8.055.742 euros. O 72,4% dos quilos descargados e preto do 74% do volume económico corresponden aos portos mariñaos de Burela e Celeiro. En concreto, Burela achegou máis de 975.000 quilos e 4,9 millóns de euros de volume de negocio.
O bonito do norte que traen os pescadores galegos, afirmou a delegada, “é un produto de primeira calidade, capturado un a un con artes moi selectivas, o que significa que se practica unha pesca sostible, con claros beneficios medioambientais”.
É importante, engadiu, “que os consumidores coñezan a procedencia e os valores deste produto pescado con artes tradicionais”, e para elo “cada peza que sae das lonxas galegas ten un precinto de garantía”.
O distintivo consiste nunha etiqueta de cor verde suxeita á cola do animal, que leva un número de serie, a lenda que o identifica como bonito do norte, así como a lonxa na que foi descargado. A Secretaría Xeral do Mar distribuíu 380.000 precintos entre as lonxas citadas, a meirande parte deles destinados á de Burela.
Polo que respecta ao material promocional, a Xunta repartiu 61.900 folletos con receitas e 1.000 carteis para distribuír entre os consumidores nos puntos de venda, tanto galegos como doutros puntos de España.
No acto de presentación da campaña Faino bonito participaron tamén o alcalde de Burela, José María González Barcia; o xefe de coordinación do departamento de Mar, Pablo Fernández Asensio; o subdirector xeral de Pesca e Mercados da Pesca, Antonio Rodríguez Fernández, e os xerentes das lonxas de Burela e Celeiro, Miguel Neira e Alberto Parga, respectivamente.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



