Os alumnos dos cursos de natación infantil recibiron os diplomas no acto de clausura
![]()
-Nas actividades programadas na piscina participaron unhas 110 persoas, das cales 45 eran rapaces e rapazas de infantil
-O alumnado puido aprender a nadar, mellorar as súas destrezas na auga ou practicar outros deportes de auga como o aquagym
Cervo, 5 de xuño de 2012-A piscina olímpica cuberta de San Ciprián acolleu esta tarde o acto de clausura dos cursos de natación infantil impartidos entre os meses de outubro de 2011 e maio deste ano nas mesmas instalacións deportivas. En concreto foron 45 os rapaces e rapazas que asistiron a clases de natación e que puideron escoller entre as modalidades de iniciación ou perfeccionamento segundo os seus coñecementos previos neste deporte.
O alumnado de infantil foi polo tanto o protagonista da despedida desta temporada, que recolleu os diplomas da man do alcalde, Alfonso Villares e do edil de Deportes, José Ramón Soto. “Con este acto de clausura cos máis pequenos e a entrega de diplomas queremos que garden estes meses de aprendizaxe na piscina coma un bo recordo e lembren o satisfactorio que resulta practicar deportes como a natación, así como animalos a que continúen” asegura o edil.
En total foron 110 persoas, entre adultos e rapaces, as que aprenderon a nadar, melloraron a súa técnica ou practicaron outros deportes acuáticos neste curso. Nestes 8 meses ofrecéronse cursos de natación nos niveis de iniciación e perfeccionamento no caso de infantil, así como mantemento, preparación de probas (especialmente dirixida a opositores) e aquagym para os adultos. Todas as actividades estiveron impartidas por persoal cualificado coa titulación específica requirida para atender a distintos grupos de idade e ofrecer clases nas diferentes modalidades dentro da natación e a ximnasia acuática.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
