ANTONIO VEIGA ENTREGOU OS PREMIOS DA 3ª ETAPA DA V VOLTA CICLISTA ÁS COMARCAS
Esta proba ciclista disputouse en tres etapas esta fin de semana, e nela participaron 16 equipos de ámbito nacional, estatal e internacional
Esta terceira etapa desenvolveuse na comarca da Mariña con saída e chegada en Viveiro, pasando polos concellos de Alfo, Cervo, O Valadouro, Ourol, Viveiro e Xove
Viveiro, 3 de xuño de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou na entrega de premios da terceira e última etapa da V Volta Ciclista ás Comarcas, hoxe pola mañá en Viveiro, de onde saía e ata onde chegaba o percorrido desta etapa, pasando polos concellos de Alfoz, Cervo, O Valadouro, Ourol, Viveiro e Xove.
O vencedor desta terceira etapa , de 111 kilómetros, cun tempo de 3 horas, 5 minutos e 33 segundos, foi o corredor do Supermercados Froiz, Jose de Segovia, convertendose el e o seu equipo en líderes na clasificación por puntos. O mellor corredor galego na clasificación xeral foi o corredor do mesmo equipo, Aser Esteve. O mellor corredor sub23 foi o corredor do Liberty Seguros, Rafael Silva. O vencedor final na clasificación xeral das metas volantes foi o corredor do mesmo equipo, Leonel Coutiño. O lider na clasificación xeral de montaña foi Darío Gadeo, do UPV-Bancaja. Os tres primeiros clasficados na clasificación xeral desta V Volta ciclista ás comarcas de Lugo foron: Darío Gadeo, do UPV-Bancaja, como terceiro clasificado, a 28 segundos do líder; Jose de Segovia, do Supermercados Froiz, como segundo clasificado, a so un segundo do líder; e Josep Petalu, do Gsport Valencia Terra i Mar foi o gran vencedor desta V Volta ás Comarcas, cun tempo de 8 horas, 35 minutos, 50 segundos.
A V Volta ás Comarcas, na que participan 16 equipos de ámbito nacional, estatal e internacional, desenvolveuse durante toda esta fin de semana en tres etapas distintas. Antonio Veiga auguroulle un prometedor futuro a este campionato logo do “gran éxito acadado en pasadas edicións e que, de seguro, se repetirá este ano”. Nesta liña, o vicepresidente da Deputación de Lugo lembrou que un dos obxectivos da Área de Deportes desta entidade é o de “fomentar a práctica do deporte, sexa cal sexa a súa disciplina, en todas e cada unha das comarcas lucenses”. Así, o nacionalista resaltou que “seguimos traballando para descentralizar a práctica e a organización de determinados eventos deportivos, un feito que suporá un forte impulso socioeconómico para as zonas nas se poñan en marcha este tipo de iniciativas”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
