Cervo substitúe os antigos contedores de aceite usado por outros novos e cun sistema mellorado de recollida
-Os cidadáns non terán que verter o líquido, só deberán depositar as botellas ou garrafas de ata 5 litros cheas de aceite dentro do contedor
Cervo, 27 de xuño de 2012-O Concello de Cervo vén de realizar melloras no sistema de recollida de aceite doméstico usado. En concreto, a empresa que se encarga da xestión do servizo substituíu os 6 antigos colectores, repartidos por distintos puntos do municipio, por outros novos e que inclúen un sistema mellorado que facilita o depósito do aceite nos puntos habilitados.
Trátase de colectores nos que se poden introducir directamente botellas e garrafas de ata 5 litros cheas de aceite, de xeito que xa non é necesario que o usuario verta o aceite no contedor e despois se ocupe de depositar o envase no punto de reciclaxe correspondente.
Con esta mellora, que fai máis doada a práctica da reciclaxe, o Concello agarda incrementar as cantidades de aceite doméstico usado que se depositan nos contedores, que anualmente se achegan aos mil litros no municipio de Cervo. A reciclaxe deste residuo é moi importante xa que é altamente contaminante e prexudicial para o contorno, especialmente para os ríos, xa que un litro de aceite contamina ata mil litros de auga e dificulta a supervivencia da fauna e da flora.
“La mala gestión del aceite de cocina usado puede provocar muchos daños en nuestro medio natural, incluso irreversibles” explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, “por eso es tan necesario que la población se conciencie y cambie el gesto de verter el aceite por el sumidero a reservarlo en un envase que después sólo tendrá que depositar en un contenedor como si de una bolsa de basura se tratara”. Deste xeito “evitaremos contaminar y al mismo tiempo favoreceremos la transformación del aceite en otros productos, como el biodiésel o jabón”, demostrando así “el importante papel del reciclaje y de todos los implicados en el proceso, desde el consumidor, pasando por el gestor hasta las industrias que reconvierten el aceite en productos que de nuevo serán consumidos”.