O Concello de Lourenzá, en colaboración coa Asociación Agraria Xóvenes Agricultores (Asaja Galicia) vai impartir un curso de “Restauración de mobles e obxetos antigos” a partir do próximo luns día 18 de Xuño. Neste curso os alumnos poderán levar e restaurar os seus propios mobles ou obxetos antigos, e só deberán costear o material que gasten en dita restauración. Tamén se vai impartir outro curso de BENESTAR ANIMAL a partires do 20 de Xuño. As prazas son limitadas e un dos requisitos que hai que cumprir é estar cotizando á Seguridade Social. Para inscribirse ou informarse sobre o curso poden chamar ao teléfono 982-121006, ao longo de toda esta semana.
Cursos de “Restauración de mobles e obxetos antigos” e “Benestar animal” en Lourenzá