O programa de formación e promoción do emprego do Igape conta cunha dotación de 1 millón de euros e poderá solicitarse desde mañá
ECONOMÍA E INDUSTRIA ABRE O PLAZO PARA OPTAR A BOLSEIRO DO PLAN RE-ACCIONA QUE CONVERTERÁ A 100 NOVOS TITULADOS EN ESPECIALISTAS NA MELLORA COMPETITIVA DAS PEMES
? Os seleccionados no marco da convocatoria publicada hoxe no DOG recibirán formación especializada antes e durante o período de prácticas no que poderán prestar servizos en ata catro pemes diferentes, titorizados por expertos
? Este programa formativo é parte do Plan ReAcciona que conta cunha dotación global de 5 millóns de euros
? Este Plan ten como obxectivo facer máis de 2.200 diagnoses de competitividade e internacionalización nas pemes galegas e prestar servizos de alta calidade para aplicar melloras competitivas concretas nestas empresas
Santiago, 12 de xuño de 2012.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases do programa de formación e emprego asociado ao Plan Re-Acciona, que conta cunha dotación orzamentaria de 1 millón de euros e que converterá a 100 novos titulados en especialistas en competitividade e internacionalización nas pequenas e medianas empresas galegas.
Esta iniciativa de formación, especialización e promoción do emprego da Consellería de Economía e Industria forma parte do Plan Re-Acciona, deseñado para reforzar a estratexia dun Igape próximo que achega solucións eficientes ás necesidades reais das pemes e responde á súa reorientación como un Instituto centrado na prestación de servizos avanzados.
A través da convocatoria publicada hoxe, o IGAPE pon a disposición de 100 novos titulados a oportunidade de participar nos seus programas de mellora da competitividade para as Pemes. O aspecto diferencial fronte a outros programas de bolseiros é a integración do bolseiro na execución de proxectos de mellora concretos impulsados polo Instituto e os seus axentes colaboradores.
Os novos titulados acollidos a este programa de especialización práctica incrementarán as súas posibilidades de acadar emprego, ben na empresa consultora coa que colaboran no marco da bolsa, ben nalgunha das pemes destinatarias dos servizos avanzados facilitados polo Igape mediante o programa re-Acciona.
No seu conxunto, o Plan re-Acciona conta cun orzamento total de 5 millóns de euros, cofinanciados co Fondos Social Europeo, e cunha duración de 2 anos. Con este Programa, o Igape realizará máis de 2.200 diagnósticos gratuítos de internacionalización e de competitividade; tamén levará a cabo servizos avanzados de alto valor engadido, a custo moi reducido para as empresas co obxectivo de facilitar a profesionalización e a mellora na xestión, e ademais desenvolverá o programa formativo publicado hoxe no DOG para a inserción nas empresas de 100 especialistas recentemente titulados, que axudarán no desenvolvemento das melloras propostas, ademais de recibir formación teórica e práctica.
Os titulados universitarios que participen en todo o programa serán seleccionados entre 200 finalistas que poderán acceder á formación teórica especializada para a aplicación dos proxectos de mellora da competitividade e internacionalización, promovidos no marco do programa Re-Acciona.
Os 100 seleccionados colaborarán na prestación de servizos avanzados nas pemes que se acollan ao Plan re-Acciona, un proceso no que poderán chegar a participar en ata catro empresas diferentes, ademais de contar con outro período de formación máis específico durante o período de prácticas. Os seleccionados disporán dun ano de prácticas en empresas, contando coa supervisión e titorización das empresas especializadas que colaboran co Igape na prestación de servizos de asesoramento ás pemes, no marco do Re-Acciona, seguimento que estará recollido nun plan de formación específico.
Requisitos
Os bolseiros deberán ser titulados –entre os anos 2009 e 2012– en física, matemáticas, química, enxeñería, ciencias económicas e empresariais, administración e dirección de empresas, ciencias empresariais, economía ou dereito. A selección estará baseada no currículo dos solicitantes.
No seu conxunto, o proceso permitirá que os bolseiros accedan a novas competencias profesionais en ámbitos onde a experiencia práctica e fundamental para o desenvolvemento de proxectos, incrementando as súas posibilidades de atopar un emprego de calidade.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



