AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA DE RIBADEO
Dende a Agrupación Municipal Socialista de Ribadeo queremos amosar publicamente, como xa tivemos ocasión de facelo persoalmente, o noso pesar e as nosas condolencias aos familiares e amigos do socialista Gilberto Suárez.
Militante do partido socialista durante dez anos, concelleiro entre os anos 1995 e 1999, home preocupado polas necesidades do seu pobo e defensor dos intereses da sociedade ribadense. Mostra da súa labor, foi a pertenza a diferentes asociacións culturais, sociais e deportivas.
Lamentamos profundamente a súa perda.