A Xunta Local de Seguridade de Cervo aborda a intensificación dos operativos na época estival e festas
-O Concello e a Subdelegación do Goberno traballarán de xeito coordinado para optimizar os recursos de cara a garantir a seguridade da cidadanía
-Prevese a ampliación dos dispositivos de seguridade, especialmente durante a Maruxaina e a Festa da Queimada
-No transcurso da xuntanza deuse a coñecer que os índices de delincuencia baixaron nun 14% nos primeiros meses do ano
Cervo, 29 de xuño de 2012-A Xunta Local de Seguridade do Concello de Cervo celebrouse esta mañá co obxectivo de coordinar os operativos especiais que se porán en marcha durante os meses de verán, nos que o municipio incrementa notablemente o seu número de habitantes, e tamén durante as festas, especialmente as máis multitudinarias. Unha xuntanza que se vén realizando nos últimos anos por estas datas tendo en conta as novas necesidades que leva consigo a chegada do verán.
A reunión estivo copresidida polo subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo e o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; e tamén participaron nela o edil de Seguridade, José Ramón Soto, así como representantes dos distintos corpos e forzas de seguridade do Estado. Un encontro no que tamén se fixeron públicos os datos de delincuencia no concello de Cervo achegados pola Subdelegación. Unhas cifras que falan dunha redución no número de delitos dun 14% nos cinco primeiros meses do ano con respecto ao mesmo período do ano anterior.
A xuntanza foi de utilidade para abordar e planificar a coordinación entre todos os colectivos e corpos implicados na seguridade da cidadanía así como para falar da necesidade de intensificar os operativos e os medios humanos dispoñibles durante eventos de envergadura como a Maruxaina ou a Queimada. Neste sentido, o rexedor pediu a colaboración de corpos como a Garda Civil e a Policía Local para garantir a boa convivencia e deste xeito “conseguir que Cervo siga sendo un concello tranquilo e seguro”.
Ao mesmo tempo, Villares fixo referencia á boa colaboración que se vén mantendo nos últimos anos entre os corpos de seguridade “e que repercute na conservación desa harmonía”, aproveitando para agradecer o seu apoio. Por último, o mandatario cervense lembrou que o Concello aínda dispón dalgunhas unidades da Policía Local a pesar de non ser obrigatorio por lei ao tratarse dun municipio de menos de 5.000 habitantes, efectivos que tamén traballarán coordinados co resto de corpos para garantir a seguridade.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



