Hoxe, martes 19 de xuño ás 11:00 horas, tivo lugar na Aula de Formación do Concello a ENTREGA DE DIPLOMAS aos alumnos da Escola Municipal de Maiores, nun acto presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado pola Concelleira Ana Abad e a profesora Angélica Casabella.
A Escola de Maiores arrancou este curso en outubro do pasado ano cun total de 44 alumnos, 4 máis que o ano anterior, todos do Concello, con idades comprendidas entre os 60 e os 83 anos.
Durante o Curso, amáis das clases presenciais, nas que traballaron as diferentes materias académicas (lectura, escritura, cálculo,…), realizaron dúas saídas culturais a concellos cercanos: a Xermade e a Ferrol.
A Escola de Maiores cumpre tamén unha función social dado que propicia a reunión dos seus participantes, o cal lles proporciona benestar e mellora na súa calidade de vida, favorecendo tamén a comunicación e a convivencia.