Villares considera que Estúa está desexando ser o único asesor que haxa no Concello de Cervo
Cervo, 2 de xuño de 2012-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, considera que o nacionalista Xosé Antón Estúa está desexando ser o único asesor que haxa no Concello de Cervo. Así explica o rexedor que o asesor do BNG na Deputación amose tanta preocupación pola renuncia de Pilar Álvarez e pola súa futura substitución por parte de Pilar Armada, asesora do executivo local.
“Sabemos que o asesor do BNG na Deputación está inquieto pola entrada de Pilar Armada no goberno municipal” asegura Villares, “xa que o nacionalista sempre quixo ser o único asesor que houbese no Concello de Cervo, e os seus celos eran máis que evidentes”. Para Villares “o asesor do BNG non tiña que desacougarse, xa que aínda que non fora o único asesor, si podía ser único en moitas outras cousas” como por exemplo “en ser asesor dunha administración como a Deputación, da que o BNG sempre renegou e reclamou repetidamente a súa desaparición”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



