O BNG DE RIBADEO MANIFESTA O SEU PESAR POLO FALECEMENTO DE GILBERTO SUÁREZ
Desde a Asemblea Local do Bloque Nacionalista Galego de Ribadeo queremos trasladar o noso pésame á familia, seres queridos e amigos de don Gilberto Suárez Méndez, falecido onte na nosa vila e que deixa un baleiro grande na vida social e política ribadense, da que sempre foi parte activa e xenerosa.
Para alén de ter sido concelleiro na propia institución municipal, Gilberto era un namorado de Ribadeo e un incansábel loitador polo bencomún e polo que el considerou en cada momento o mellor para o noso Concello. Comprometeuse e apoiou ao longo da súa vida moi diversas iniciativas, propostas, comisións e entidades sociais e veciñais, nas que traballou sempre a prol dos intereses do conxunto de Ribadeo.
Desde o BNG lembrarémolo como a persoa afable, dialogante e apaixonada nas súas conviccións que era e que foi até o final, e como un ribadense que quixo a Ribadeo tanto como el mesmo foi querido pola súa veciñanza.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



