BARREIROS CONSEGUIU OITO BANDEIRAS AZUIS PARA AS SÚAS PRAIAS. É O CONCELLO DA COSTA LUGUESA QUE MÁIS DISTINTIVOS LUCIRÁ NESTE 2012. FUENTE PARGA ASEGURA QUE “SE TRATA DUN RECOÑECEMENTO MOI IMPORTANTE PARA O CONCELLO”.
Barreiros, 6 de xuño de 2012. Barreiros conseguiu oito bandeiras azuis neste 2012. Os areais que lucirán os distintivos de ADEAC son: Arealonga, A Pasada, Lóngara, Coto, Acantilado-Remior, Altar, San Bartolo e Fontela-Valea. O alcalde, Alfonso Fuente Parga, asegura que “se trata dun recoñecemento moi importante para Barreiros”.
O rexedor dixo que “para Barreiros renovar este distintivo bandeira azul é moi importante ano tras ano, volvendo a recuperar a que non tiñamos pasando de sete a oito, é moi importante para nós”. Fuente Parga subliñou que “esto é un traballo de todos, é un esforzo de todos, desde os veciños ata os traballadores e incluso dos propios usuarios e dos propios clubes de surf que operan nas nosas praias e que están a ter unha actuación exemplar”.
O alcalde barreirense sinalou que “é un recoñecemento que, de cara a este ano coas dificultades económicas que están a atravesar o país e as administracións locais, lles vou pedir ese mesmo esforzo a todos e o imos canalizar desde o Concello para que esto poida seguir así e manter estas bandeiras, que é o queremos todos”.
Alfonso Fuente lembrou que “tal e como se informaba no último pleno si nalgún momento ADEAC nos di que hai que baixar unha bandeira porque non hai socorristas suficientes ou porque a limpeza non é a axeitada o imos facer. Traballaremos para que non pase, pero si pasa o que non podemos facer é empeñar o Concello por manter o distintivo”. O alcalde engadiu que “nos agrada moito ter este distintivo, é un recoñecemento moi importante para o noso Concello, pero non podemos ter un gran coche senon somos capaces de pagarlle o seguro. Recoñecemos que é un gran galardón para Barreiros, pero veremos ata onde podemos chegar para poder manter esas bandeiras izadas no nosos areais”.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



