Logo de que a Deputación de Lugo gastase diñeiro dos cidadáns para facer publicidade contra o apoio financieiro de 100.000 millóns outorgado pola UE a España
O PP de Lugo presenta unha denuncia na Fiscalía porque a Deputación, coa autorización do Señor Besteiro, destina diñeiro público a propaganda partidista
.O silencio do Señor Besteiro revela que é cómplice desta barbaridade
.Por una circunstancia similar o ex-Presindente da Deputación de Cantabria foi condenado por unha setencia do Tribunal Supremo 406/2004 31 de marzo
Lugo, 13 de xuño de 2012.- O PP de Lugo presentou esta mañá unha denuncia ante a Fiscalía lucense ao entender que a publicación, no día de onte, de diversos anuncios en varios xornais pode constituír un delito de malversación recollido no artigo 433 do Código Penal e que consiste en adicar a usos alleos á función pública os caudais pertencentes á citada función.
O Bloque Nacionalista Galego presentou tamén no día de onte, unha campaña contra o “rescate á banca que ve coma un roubo”. Nos xornais de hoxe, aparece publicada una fotografía da concentración na que membros do BNG, entre eles o lucense, Mario Outeiro, atópanse xunto a unha pancarta co logo do BNG e un slogan que di “rescate para a banca, roubo para o pobo” idéntico slogan ao que aparece na campaña publicada no día de onte.
“É evidente que se están empregando cartos púbicos con fines partidistas. O destos señores non ten nome, destinan cartos pertencentes aos lucences, á contratación de páxinas de publicidade en varios xornais, para manifiestar a súa postura en contra do apoio financieiro de 100.000 millóns de euros outorgado pola UE a España”-manifestou Barreiro.
Afirmou o Voceiro do GPP no Senado que tanta culpa ten Veiga por ter a iniciativa, coma Besteiro por non desautorizala
“Inventan un lema, que coincide coa consigna proclamada polo BNG e contratan unha páxina, en tres xornais diferentes, para manifestar a súa postura. Se a Deputación quere facer campañas institucionais, que as faga, pero que diga cal é o ben común que persegue. Non se pode permitir que se instrumentalize como campaña institucional o que, claramente, non é”-manifestou Barreiro
“Rinse dos cidadáns a cara. Debeulles parecer pouco como deixaron ao país, o que despilfarraron, que ainda siguen. Nunha época de crise, provocada por eles, que está o Goberno Central levando a cabo reformas, políticas de austeridade, facendo todo o posible para saír desta mala situación, veñen estos señores gastando cartos, dos cidadáns, para manifestarse en contra deste apoio financiero. Protestan, ademáis, por unha liña de axuda que concedeu o Eurogrupo, gracias ás reformas levadas a cabo polo Goberno de Mariano Rajoy, que confiou no Goberno de España polas accións que está levando a cabo e grazas as cales España non foi intervida. Sería intervida se os cidadáns elexisen un goberno do PSOE, que ben podemos comprobar, que mecanismos emprega para a xestión da economía” – afirmou Barreiro.
Conclueu a rolda de prensa o líder dos populares lucenses asegurando que o Señor Besteiro é o máximo responsable de que a Vicepresidencia da Deputación destinase preto de dous millóns das antigas pesetas, pertencentes aos cidadáns, para facer publicidade en beneficio propio polo que non só pide a dimisión de Veiga, senón tamén do propio Besteiro por consentir tal decisión.
Asemade, o Grupo Provincial fará seguimento de quén autorizou este gasto, ao abeiro de qué partidas orzamentarias e alcance do mesmo. Non se descarta tamén recurrir a outros Órganos xurisdiccionais en defensa da legalidade en defensa das Campañas de publicidade institucional. Nunca poderán menoscabar manifestamente actuacións lexitimamente realizadas por outros poderes públicos.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



