Cervo recoloca a area da praia do Torno para acondicionala de cara ao verán
-Os traballos estanse realizando con maquinaria pesada achegada polo servizo provincial de Costas
-Ao remate das tarefas, a area estará en condicións idóneas para o goce de veciños, visitantes e turistas
Cervo, 13 de xuño de 2012-O servizo provincial de Costas de Lugo está nestes días acometendo traballos de acondicionamento na praia do Torno. En concreto, trátase das tarefas necesarias para recuperar o perfil de verán, é dicir, a recolocación da area co obxectivo de estendela e devolverlle á praia o aspecto e as condicións ideais para o seu goce.
Uns traballos que é preciso facer cada verán despois de que as mareas, o curso dos ríos, neste caso o Covo, ou a incidencia do vento despracen a area. Cabe destacar que a recolocación realízase coa area da propia praia utilizando maquinaria pesada.
A recuperación do perfil de verán na praia do Torno foi solicitada a Costas polo Concello de Cervo tendo en conta a proximidade da temporada de baño. O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Turismo, Begoña Alonso, achegáronse ata o areal para comprobar o avance dos traballos, que rematarán hoxe despois de varios días. O rexedor agradeceu ao servizo provincial de Costas “a súa colaboración para acometer unhas tarefas imprescindibles”.
Villares lembrou que anteriormente era a Deputación a que axudaba ao Concello co achegamento de maquinaria e operarios, pero “nos últimos 5 anos o actual goberno provincial deixou de prestar este apoio”. O mandatario cervense explica que “en numerosas ocasións o Concello enviou escritos solicitando axuda para acondicionar as praias, colaboración que foi denegada” polo que “tivemos que recorrer ao servizo provincial de Costas”.
A edil de Turismo destacou a relevancia de acometer estes traballos “inecesarios para que vecinos, visitantes y turistas se encuentren la playa en perfectas condiciones y puedan pasear, bañarse o jugar con total normalidad” explica Alonso.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



