Os populares aseguran que as razóns dadas pola Deputación non se sosteñen xa que conlevan argumentos incoherentes e totalmente falsos
O PP pide a dimisión do presidente e vicepresidente da Deputación polas irresponsabilidades no tocante á publicidade en varios xornais
O PP de Lugo pide a dimisión do Presidente e Vicepresidente da Deputación polas incoherencias e irresponsabilidades dadas no tocante á publicidade emitida en varios xornais
. Afirman os populares que PSOE E BNG confunden a Deputación cunha axencia particular
.O PP culpa a Veiga pola actuación e a Besteiro por encubrir esta barbaridade
.As incoherencias son evidentes: mentras que o Presidente da Deputación e o 50% do Grupo Provincial do BNG alude a un erro de maquetación, Antonio Veiga defende a legalidade do anuncio decindo que foi pagado polo BNG
.Resulta sorprendente que unha das facturas fora emitida o mesmo día que o PP presentase a denuncia na Fiscalía
Lugo a 14 de xuño de 2012.- O PP de Lugo insta ao Señor Gómez Besteiro, como máximo responsable da Deputación Provincial de Lugo, a que salga da retagarda e explique se está de acordo con esa publicidade partidista emitida en varios xornais e por qué aparece como anunciante desa publicidade o selo da Deputación Provincial de Lugo e da Vicepresidencia Primeira se, como se argumenta agora, pagou o Grupo provincial do BNG esa publicidade.
Os populares cargan contra o Presidente da Deputación posto que “malia que quen suscribe a campaña é a Vicepresidencia, quen anuncia é a Deputación e esta só ten un responsable que non e outro que Gómez Besteiro. Hai aquí unha presunta ilegalidade acometida polo propio Presidente da Deputación”- insiste o PP.
Aos populares sorpréndelles que unha vez que puxeron a denuncia na Fiscalía, salisen os nacionalistas decindo que a campaña foi pagada polo Grupo Provincial do BNG e adxunten facturas deses pagos.
“Presentamos a denuncia na Fiscalía e sale o BNG negándoo, empregando argumentos nefastos, incoherentes, contradictorios, sin sentido algún. Decía o Señor Mario Outeiro que había un erro de maquetación, logo sale o Señor Antonio Veiga decindo que esas facturas se pagaran cos cartos do BNG e non con diñeiro público. As desculpas dos nacionalistas non se sosteñen. Se foi o Grupo Provincial o que pagou as facturas non pode aparecer o selo da Deputación como sinatura do anunciante”. Afirman os populares.
Retoma o PP os argumentos do BNG e os do señor Besteiro de esta maña. “Aseguran que esas facturas están pagadas polo Grupo Provincial do BNG. Nembargantes, nas mesmas, maniféstase que están a cargo do BNG, non do Grupo Provincial. Concretamente do BNG de Foz e do BNG de Santiago. Engaden ademáis os populares, que casualmente, as facturas foron emitidas: dúas o día antes de que o PP denunciase a barbaridade e, unha, o mesmo día que o PP denuncia o caso. Din os populares que as casualidades non existen na política.
O PP asegura que as desculpas dadas pola Deputación non se sosteñen e pide a dimisión do Presidente da Deputación (encubridor desta acción) e Vicepresidente da Deputación (encargado da actuación) polas incoherencias e irresponsabilidades dadas no tocante á publicidade emitida en varios xornais.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



