Besteiro traslada ós traballadores de Alcoa San Cibrao que “chegará a onde sexa” para manter a continuidade da planta
– O titular provincial falou hoxe co Presidente de Alcoa España para trasladarlle a preocupación polos 2.000 empregos na provincia e a urxencia de solucións que garantan a permanencia da factoría
– Besteiro avanza que no primeiro encontro coa Xunta insistirá que en que “este asunto é de máxima urxencia para Lugo” e que “a Deputación, aínda que non ten competencia na materia, si representación instucional na provincia” para instar ós Gobernos Central e Galego a que adopten medidas
– O Presidente reunise hoxe co Comite de Empresa de Alcoa San Cibro e con representantes do Grupo Noguera que aglutina a 150 traballadores de varias empresas auxiliares
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, avanzou ós traballadores de Alcoa San Cibrao e das súas empresas auxiliares que o organismo provincial “chegará a onde sexa” para manter a continuidade da planta cervense. E é que en decembro remata a tarifa eléctrica desta factoría, que en Lugo representa o 35% do seu PIB, ademais de xerar 1.200 empregos directos e 500 indirectos. Ante esta situación, Gómez Besteiro mantivo hoxe unha conversa telefónica co Presidente de Alcoa España, José Camino de Miguel, na que lle trasladou a súa preocupación polos postos de traballo que perigan na provincia, así como a urxencia de poñer en marcha de xeito inmediato medidas que garantan a permanencia da factoría cervense. O titular provincial tamén anunciou que “no primeiro encontro que manteña coa Xunta insistirei en que este asunto é de máxima urxencia para Lugo” e subliñou que “a Deputación, aínda que non ten competencia na materia, si representanción institucional para instar ós responsables, é dicir, ós Gobernos Central e Galega a que adopten medidas de xeito inmeidato”.
Besteiro fixo estas declaracións logo dun encontro que mantivo este martes nas instalacións da fábrica cervense co Comite de Empresa de Alcoa San Cibrao e cos respresentantes do Grupo Noguera, que aglutina a 150 traballadores de varias empresas auxiliares en folga dende o luns e ata mañá. Na cita tamén participaron a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, o Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, José Ramón Val Alonso, o Presidente do Comite de Alcoa San Cibrao, José Luís Combarro, así como representantes sindicais de UXT, CC.OO, CIGA e CSI-F.
Esixencias ós responsables
Durante a reunión, o Presidente fixo saber o apoio da institución luguesa ós traballadores de Alcoa, dándolles coa da aprobación dunha declaración institucional coa que a Deputación luguesa esixe ó Goberno de España que negocie urxentemente coas eléctricas un contrato de longa duración cunha tarifa reducida que permita a Alcoa e a outras grandes industrias galegas manter a súa produción. Tamén lle reclama á Xunta que se involucre nesta negoción cos seus compañeiros de partido, así como que poña en marcha as obras de construción do gaseoducto que o Presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, prometeu para San Cibrao e que nunca iniciou. Este sistema permitiría a Alcoa reducir os seus custes de produción nun 20% ó substituir o fuel polo gas natural, ademais das emisión de CO2.





















Na Mariña será en Viveiro, na Praza Maior.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



