Gómez Besteiro ratifica que o anuncio do BNG foi pagado con fondos dese partido e non cos da Deputación
– O Presidente subliña que se demostrou coa presentación das facturas que as acusacións do PP son totalmente falsas e que “se fora como dicen os populares, cousa que non é certo, eu tampouco estaría de acordo”
– Ó contrario do que fixo o BNG, o titular provincial lembrou que a Xunta, cando Feijóo era Vicepresidente, non foi capaz de xustificar a publicación dunha propaganda do PP á cargo de fondos públicos
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, ratificou este xoves que o anuncio que o BNG publicou en diferentes medios de comunicación ó respecto do rescate da banca con 100.000 millóns de euros solicitado polo Goberno Central á Unión Europea foron pagados con fondos do partido, é dicir, con cartos do Bloque Nacionalista Galego, e non con diñeiro público da institución provincial.
Facendo alusión ás facturas desta publicidade que o BNG fixo públicas logo de facilitárllelas ata ós medios de comunicación, Gómez Besteiro destacou que “está acreditado documentalmente que o BNG fixo estes anuncios e que será este partido quen os satisfaga. Polo tanto, demóstrase que esas cuestións que plantexa o Partido Popular, asegurando que os anuncios se aboaron con cartos públicos da Deputación, son totalmente falsas e quen diga o contrario mente. Ademais, se fora como dice o PP, cousa que non é certo, eu tampouco estaría de acordo”.
O titular provincial subliñou que, ó contrario deste caso cuxos pagos están acreditados documentalmente, no ano 2005 a Xunta, sendo Alberto Núñez Feijóo o seu Vicepresidente, publicou unha campaña na prensa ó respecto do Plan Galicia e desacreditando ó Goberno Central socialista “sobre a cal non sabemos se tamén hai documentación para poder asegurar que non foi pagada con fondos públicos xa que inclúe o selo do Goberno galego. Pero isto é un asunto do Parlamento sobre o cal non queremos incidir máis”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



