O PSdeG presentou hoxe a ´derradeira alegación ao PXOM, xusto no dia no que remata o prazo de información ao público. Segundo declarou o portavoz municipal, Eduardo Gutiérrez, “de prorogarse o prazo unha semana, estamos certos de que formulariamos algunha máis. Con todo, creo que cumprimos coa nosa obriga: estudamos o documento e formulamos as nosas alegacións, partindo da defensa do interese xeral dos veciños e insistindo en que é preciso volver negociar co departamento de Cultura da Xunta aspectos sumamente restritivos do Plan, tendo en conta a escaseza documental na que se basea e o seu carácter aproximativo e improvisador”.
Alegacion sobre corrección de nomes e localizacións
Eduardo Gutiérrez Fernández, DNI: 33.842.840 Q, concelleiro do PSdeG-PSOE, Balbino Pérez Vacas, DNI 76.558.538 W e Jorge Díaz Freije, DNI 33.997.293 G, ambos da Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE, con domicilio a efectos de notificación na sé da Agrupación Socialista de Ribadeo, rua Viejo Pancho, 16 baixo, presentan a seguinte
Alegación sobre corrección de nomes e localizacións no texto e nos planos do Documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal, en períoido de información pública aprobado na sesión plenaria do Concello de data 23 de marzo de 2012
Preténdese coa presente Alegación chamar a atención sobre determinados erros, tanto en nomes como en localizacións na planimetría do documento do PXOM exposto ao público. Concretamente deben revisarse as referencias á “Ría do Eo”, que figuran nalgúns pontos concretos, dos que só citaremos un a título de exemplo, concretamente na páxina 7 do Estudo do Medio Rural. Igualmente deben revisarse algunhas denominacións que non se corresponden coa realidade. Serva como mostra o lugar coñecido como O Carrancón, en Vilaselán que nos planos aparece como Casas de Abaixo. Igualmente no bairro de A Torre, aparecen Os Galos, que, obviamente, non se ubican nese lugar.