O SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO ACOLLEU A ENTREGA DE PREMIOS AOS GAÑADORES DO CONCURSO GASTRONÓMICO RIBADEO DE TAPEO.
Ribadeo, 14 de xuño de 2012. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e a concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, entregaron esta tarde no salón de plenos do Concello os premios aos gañadores do concurso gastronómico Ribadeo de tapeo.
A tapa do restaurante A Dorada do Cantábrico, o rolo de tenreira con verduriñas e puré de pistachos en salsa agridoce, foi a elexida como a mellor polo xurado do Ribadeo de tapeo na sétima edición, celebrada o pasado mes de maio. O segundo premio foi para o libriño das letras galegas de La Solana e o terceiro para a Sala Kursal coa súa tapa da batea á lata. Casa Foguete recibiu unha mención especial do xurado polo seu bacallau ao noso estilo.
O premio do público foi para a tapa do AG Porcillán, cremoso de berenxena e queixo de cabra con crocante de xamón.
Tamén recibiron os seus premios esta tarde os gañadores dos sorteos celebrados arredor do Ribadeo de tapeo. Os larpeiros de ouro foron Rafa Ares Ugarte, Luis Echevarría García e José Luis Páez Rodríguez. Rafa Ares recibiu un masaxe relaxante con aromaterapia e cráneo sacral e unha cesta de produtos cosméticos do mar Muerto do centro Namor Terapias; Luis Echevarría foi agasallado cunha cesta de produtos de calidade de Tenda Guidán; e José Luis Páez cunha viaxe en avioneta, xentileza da Asociación Clube Aéreo de Ribadeo.
Os gañadores do sorteo Ruta Tapeo 20 foron Covadonga Linos Lara, que recibiu coma agasallo unha fin de semana nunha casa de turismo rural; Mónica Hermida Fernández levou un bono de 100 euros de Alandrina Tours; e Mª Luisa Goas Lourenzo obtivo un curso de surf de tres días para dúas persoas ou un bono de 100 euros para gastar en ¡Hola!Ola.
E os gañadores dos Soños Gastronómicos foron un veciño de Xixón e outro de Pola de Siero, que se alonxaron no hotel Bouza e no AG Porcillán, respectivamente.
Tanto Fernando Suárez como Ana Martínez agradeceron a participaron da hostalería ribadense nesta tradicional cita coa cociña en miniatura e animáronos a participar de novo o vindeiro ano.
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



