A finais de 1968, o alcalde Beltrán convoca a unha ducia de focegos co fin de organizar as festas do ano seguinte. Os asistentes nomean presidente a Javier Morán e debátese sobre o programa das mesmas. Alguen expón a idea de ofrecer, como novidade, un torneo triangular de fútbol coa participación de equipos de sona. Aceptada a proposta comézase a traballar aportando cada quen as súas ideas, e tamén os seus medios, que podían ser de relacións persoais, que axudaran a lograr a presencia dos mellores equipos posibles nas condicións mais ventaxosas. O primeiro en aceptar a invitación foi o Pontevedra con quen Antonio Méndez Fanego, o popular “Jhonni” mantiña cordiais relacións. Pepe Beltrán comprométese a facer un par de xestións:co Sporting de Xixón e co Ilmo. Sr. Conde de Fontao, entón don Alfredo Moreno Uribe, para que, doando o trofeo, levase o seu nome. Ambas resultaron exitosas e en 1969 xogouse o I Trofeo Conde de Fontao entre o Pontevedra F.C. e Sporting de Xixón, de grande éxito deportivo e económico, que coñeceo 23 edicións; enfrentando a clubes de 1ª e 2ª división galegos, españois e portugueses. Cada ano facía o saque de honra a raíña das festas, nesta ocasión Mari Loli Rei Teixeiro.
No libro ”C.D. Foz: un Clube con historia propia” os autores contan polo miúdo o que foi a práctica futboleira en Foz dende os anos 20 do pasado século, e cómo o trofeo Conde de Fontao foi un fito, xurdido nos miserentos anos 60, que quedou na memoria colectiva, como acontecemento esperado e celebrado perante mais de dúas décadas, nas que á vila acudían afeccionados de toda a comarca, de Galicia e de fóra dela..O último encontro celebrouse en 1991 entre o Celta e o Avilés.
A faceta mais suliñable no historial do C.D. Foz foi a de canteira de xogadores, moitos dos cales formaron en plantillas de equipos de 2ª e 3ª División de Galicia e Asturias, fundamentalmente, e mesmo de Primeira. Non asumimos a verdade incondicional do verso de Jorge Manrique “cualquier tiempo pasado fue mejor”, pero hai moitas facetas do discurrir cidadán que, ó ollar o pasado, fan que nos invada a nostalxia. Síganos.
Suso Fernández


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



