RIBADEO ACOLLERÁ A CELEBRACIÓN DUN OBRADOIRO DE TÉCNICA ALEXANDER. A INSCRICIÓN ESTARÁ ABERTA ATA O VINDEIRO 2 DE XULLO.
Ribadeo, 14 de xuño de 2012. A asociación cultural Musiqueando, en colaboración coa Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, o Concello de Ribadeo, a Vicepresidencia Primeira da Deputación e máis a asociación Amadores da Música, organizan os vindeiros 9 e 10 de xullo un obradoiro de técnica Alexander dirixido a ensinantes de música ou intérpretes, xa sexan de canto, instrumentistas ou vencellados ás artes escénicas. Esta actividade será impartida por Marta Vázquez, profesional acreditada para impartir técnica Alexander.
Segundo explican desde a EMMeD de Ribadeo “o obxectivo desta actividade é que as persoas participantes sexan capaces de empregar o seu corpo con máis soltura e menos rixidez, sendo a técnica Alexander unha práctica esencial na aprendizaxe tanto das artes escénicas coma musicais. A través da devandita técnica preténdese conseguir que as persoas que se acheguen ao obradoiro sexan quen de redirixir a tensión innecesaria e máis a rixidez muscular, propiciando unha interpretación máis fluída e máis viva axudando a un mellor resultado final. Tamén axuda a desprenderse das tensións crónicas que se van acumulando ao longo dos anos e que poden chegar a condicionar o xeito de actuar, de moverse, de cantar ou de tocar un instrumento”.
O obradoiro que se vai celebrar en Ribadeo está dividido en dous días (15 horas), en horario de mañá e tarde, e con práctica tanto grupal coma individual con sesións de 45 minutos nas que a docente analizará as necesidades específicas de cada persoa participante co obxectivo de dar resposta ás mesmas.
A data límite para a inscrición é o luns 2 de xullo e ten un custe de 50 euros para o público xeral e de 35 euros para o alumnado e profesorado da EMMeD de Ribadeo, músicos/as da BMR, persoas desempregadas ou familias numerosas.
Os interesados poden solicitar máis información no teléfono 982.130.856.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



