Teatro xuvenil este sábado 30 na Casa da Cultura do Concello do Valadouro ás 19:30. Os alumnos do IES Alfoz-Valadouro estrean a obra Asasinato na tenda de roupa, escrita e dirixida por Pepe Peinó. A mesma obra represéntase o sábado 7 de xullo a mesma hora na Casa da Cultura de Alfoz. Organizan as OMIX dos Concellos de Alfoz e Valadouro.
